NORMALIZACIÓN

ACTO LETRAS GALEGAS 2017
O PASADO DÍA 16 DE MAIO NO CEE MIÑO REALIZOUSE UN ACTO CONXUNTO PARA A CELEBRACIÓN DO LIBRO E AS LETRAS GALEGAS.
COMO XA SE ANUNCIABA NO PROGRAMA, O ACTO DEU COMEZO CUN VÍDEO DO CONTO DE CARLOS CASARES "A GALIÑA AZUL", ADAPTADO CON PICTOGRAMAS POLO COLEXIO MARÍA CANGAS. LOGO DISFRUTAMOS, TODOS XUNTOS, DA PRESENTACIÓN DIXITAL, QUE FIXO O EQUIPO DE TICS, DO CONTO "OS AMIGOS DE CHOCOLATA". (PRESENTACIÓN QUE SE PODE VER NOUTRA ENTRADA ANTERIOR). 
A CONTINUACIÓN CADA AULA FOI PRESENTANDO NUN PANEL A SÚA GALIÑA AZUL NAS DISTINTAS CELEBRACIÓNS AO LONGO DO CURSO. ACTIVIDADE QUE PODE VERSE NO SEGUINTE VÍDEO:


A GALIÑA AZUL NO CEE MIÑO from Taller CEE Miño on Vimeo.

PARA ESTA OCASIÓN AS  NOSAS  PROTAGONISTAS,  DESTE  CURSO ESCOLAR, "CHOCOLATA" E "A GALIÑA AZUL" VESTÍRONSE DE GALEGAS. CADA AULA COLOCOU EN PICTOGRAMA O NOME DAS DISTINTAS PEZAS DE ROUPA DO TRAXE GALEGO.
POR ÚLTIMO, COMO REMATE DO ACTO E HOMENAXE AO AUTOR, POIDEMOS VER UNHA ADAPTACIÓN DO CONTO "A GALIÑA AZUL" REALIZADA NUNHA AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE, UTILIZANDO PICTOGRAMAS DE ARASAAC, E  A VOZ GRAVADA DUN ALUMNO DO 4º NIVEL, CAMBIANDO AS PERSONAXES ORIXINAIS POLOS AMIGOS DE CHOCOLATA. DE SEGUIDO PODEMOS VELO


A Galiña Azul cos amigos de Chocolata from Piruleta on Vimeo.

POR  ÚLTIMO, UNHA REPORTAXE EN FOTOS E VÍDEO DO ACTO

REPORTAXE FOTOGRÁFICA ACTO DÍA DO LIBRO E LETRAS GALEGAS 2017 from Piruleta on Vimeo.


ACTO DÍA DO LIBRO E LETRAS GALEGAS 2017 from Piruleta on Vimeo.

ACTO LETRAS GALEGAS 2016
SEGUNDO O PROGRAMA HOXE CELEBROUSE O GRAN DÍA DAS NOSAS LETRAS. A CONTINUACIÓN PÓDENSE OLLAR OS VÍDEOS DESTE ACTO.


LETRAS GALEGAS 2016 from Piruleta on Vimeo.
O MEU BURRIÑO from Piruleta on Vimeo.


ACTIVIDADES SEMANA DAS LETRAS: EXPOSICIÓN E TEATRO
HOXE AO LONGO DA MAÑÁ TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PODERÁ PASAR A VISITAR A EXPOSICIÓN DE LIBROS QUE PREPAROU A MASCOTA DA BIBLIOTECA, PERICO; E NA ÚLTIMA SESIÓN NO PATIO TERÁ LUGAR UNHA REPRESENTACIÓN DUNHAS OLIMPIADAS MOI ESPECIAIS, PARA IR PREPARÁNDOAS QUEDA O SEGUINTE VÍDEO.


AS OLIMPIADAS 2016 from Piruleta on Vimeo.

ACTIVIDADES SEMANA DAS LETRA: SAÍDA E MAXIA
ONTE, MÉRCORES DÍA 18, POLA MAÑÁ, UN GRUPO DO ALUMNADO ACUDIU AO AUDITORIO PARA VER O CONCERTO-TEATRO DO GRUPO MAMÁ CABRA: 15 PRIMAVERAS.
A CONTINUACIÓN UNHA PEQUENA MOSTRA.


SAÍDA AO AUDITORIO MAMÁ CABRA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

NA SESIÓN DA TARDE, TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA TIVO A OPORTUNIDADE DE DISFRUTAR UNHA VEZ MÁIS COA MAXIA DO "MAGO CHIRLETA", NO SEGUINTE VÍDEO PÓDESE OLLAR UN CHISQUIÑO DESTE MOMENTO DE LEDICIA.



MAGO CHIRLETA from Piruleta on Vimeo.
EXPOSICIÓN DAS NOSAS CREACIÓNS E NOVIDADES
PERICO E PIRULETA ACHÉGANVOS AS NOVIDADES DE LIBROS E CONTOS EN GALEGO, ADEMAIS DAS NOSAS PRODUCIÓNS (CONTIÑOS CREADOS  E ADAPTADOS, AO LONGO DO CURSO, COA COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA).
ESTE ANO O LEMA DA EXPOSICIÓN É: "CEE MIÑO SOMOS TODOS, COÑÉCENOS A TRAVÉS DOS NOSO CONTOS".
PROGRAMA E RECURSOS PARA TRABALLAR AS LETRAS GALEGAS 2016
A CONTINUACIÓN PÓDESE OLLAR O PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA A VINDEIRA SEMANA, A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2016, E ALGÚN ENLACE A PÁXINAS CON RECURSOS PARA TRABALLAR E MOTIVAR ESTES DÍAS.



NO SEGUINTE ENLACE UNHA ESCOLMA DE CANCIÓNS CON LETRAS DE MANUEL MARÍA

O NOSO XORNAL "COUSIÑAS" 2015
COMA CADA ANO DEIXAMOS AQUÍ A PUBLICACIÓN DO NOSO XORNAL: "COUSIÑAS", EN FORMATO DIXITAL.
O ALUMNADO LEVOU UN EXEMPLAR IMPRESO O PASADO VENRES.

ACTO LETRAS GALEGAS 2015
O PASADO DÍA 21 DE MAIO CELEBROUSE NO CEE MIÑO UN ACTO PARA FESTEXAR O DÍA DA NOSA LINGUA. 
PRESENTOUSE  A BIOGRAFÍA DE XOSÉ FILGUEIRA CON PICTOGRAMAS, RECITÁRONSE DOUS POEMAS DO AUTOR, A OBRA DE TEATRO "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS" (Obra de Casares que foi motor de motivación de todas as actividades complementarias celebradas ao longo do curso no centro, dando remate coa súa escenificación) E COMO REMATE DO ACTO O "BAILE DAS FROITAS", SENDO TAMÉN O PUNTO FINAL DA TAREFA REALIZADA AO LONGO DOS ÚLTIMOS TRIMESTRES (Saboreando as froitas) PROPOSTA POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA (EDLG).
A CONTINUACIÓN COMA SEMPRE UN RESUMO FOTOGRÁFICO.


PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2015


LETRAS GALEGAS 2014

Hoxe, 19 de febreiro, celébrase o Centenario do  nacemento de Xosé María Díaz Castro, escritor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, e dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística achegan un enlace onde podemos atopar información e actividades sobre este personaxe da literatura galega.

http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro

Segundo vaian xurdindo novas iremos facendo achegas


 Entroido 2013





Canción: Os tres reis en bicicleta



Open publication - Free publishing - More news

Exposición "Lembrando vellos tempos".









Ningún comentario:

Publicar un comentario