PRODUCIÓNS PROPIAS

ADAPTACIÓN OBRAS  DE CARLOS CASARES: "GALIÑA AZUL" E "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS"



A Galiña Azul cos amigos de Chocolata from Piruleta on Vimeo.


video

LIBRO TEXTURAS
ESTE CURSO PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO, O ALUMNADO DO CEE MIÑO CREOU UN LIBRO DE TEXTURAS: "OS AMIGOS DE CHOCOLATA".
CADA DÚAS AULAS UN ANIMAL E OS RESTANTES NAS AULAS DOS ESPECIALISTAS.
A CONTINUACIÓN A SÚA PRESENTACIÓN DIXITAL. PARA DISFRUTAR DEL, EN FORMATO PAPEL, FORMARÁ PARTE NESTES DÍAS DA EXPOSICIÓN QUE SE ESTÁ A LEVAR A CABO NO CENTRO,  LOGO QUEDARÁ NA BIBLIOTECA NO RECUNCHO DAS "NOSAS CREACIÓNS"
PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO, AO LONGO DESTA SEMANA, FÓRONSE FACENDO ANACOS DE GRAVACIÓN DO ALUMNADO DURANTE AS DISTINTAS SESIÓNS DE LECTURA, COAS QUE SE ELABOROU UN VÍDEO ACOMPAÑADO DA CANCIÓN "NUN LIBRO" DE PACO NOGUEIRAS DE FONDO E COA LETRA CON PICTOGRAMAS DE ARASAAC.
E A CORRESPONDENTE EXPOSICIÓN DOS LIBROS ELABORADOS E ADAPTADOS NO CENTRO, NESTE CURSO E OS PASADOS.
NUN LIBRO from Piruleta on Vimeo.

LIBRO PAZ 2017


VÍDEO PARA TRABALLAR VOCABULARIO ANIMAIS E COMIDAS

contacontos nadal from Piruleta on Vimeo.

VÍDEO PARA TRABALLAR VOCABULARIO ROUPA DE OUTONO VESTINDO A CHOCOLATA DE OUTONO acto from Taller CEE Miño on Vimeo.

ADAPTACIÓN CONTO "CHOCOLATA"
O PASADO VENRES DÍA 7 DE OUTUBRO CELEBROUSE NO CEE MIÑO A PRESENTACIÓN DO CONTO "CHOCOLATA", PRESENTADO POLA COORDINADORA DA BIBLIOTECA, COMO PERICO E A MESTRA DE MÚSICA, COMO CHOCOLATA.
SENDO ESTE UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL, POR SER ELEMENTO MOTIVADOR PARA ARRANCAR UN NOVO PROXECTO PARA ESTE CURSO.
CON MOITA ILUSIÓN, NA PRIMEIRA SEMANA DE OUTUBRO, O ALUMNADO ESTIVO TRABALLANDO O CONTO E A CANCIÓN, QUE XA COÑECÍAN UN CHISCO POR SER A QUE DABA REMATE AO CONTO DE PRESENTACIÓN DO CURSO E O CENTRO, "WIFI E ALFREDO NO CEE MIÑO".  AO TEMPO O EQUIPO DAS TICS ADAPTOU ESTE CONTO CON PICTOGRAMAS DE ARASAAC  E A VOZ DUN ALUMNO, CO CAL TAMÉN SE ELABOROU UN VÍDEO.
A CONTINUACIÓN TODA ESTA PRESENTACIÓN: 



CHOCOLATA ADAPTADO from Piruleta on Vimeo.



CONTOS ELABORADOS POLO PROFESORADO NO SEMINARIO DE FORMACIÓN PERMANENTE
AMIGO LOUREIRO from Taller CEE Miño on Vimeo.


video


video



O XARDÍN DE PERICO
ONTE NO CEE MIÑO CELEBROUSE UN ACTO PARA DAR COMEZO A SEMANA DO LIBRO. PRIMEIRO PROXECTOUSE UN VÍDEO ELABORADO COAS TARXETAS QUE O ALUMNADO, POR AULAS, ELABOROU. CADA TARXETA ESTABA FORMADA POLA FLOR QUE NO PROXECTO DESTE CURSO, "DAS NOSAS PLANTAS FLORECEN CONTOS", CADA NIVEL TRABALLOU; DENTRO CADA FLOR LEVABA UN VERSO QUE UNHA VEZ COLOCADOS POR ORDE FORMABAN O POEMA: "O XARDÍN DE PERICO". DESPOIS DE COLOCAR AS TARXETAS TAMÉN SE ESCOITARON CANCIÓNS CO GALLO DE FOMENTAR A LECTURA. 
A CONTINUACIÓN UN RESUMO FOTOGRÁFICO.
video

FESTA DA PRIMAVERA
O PASADO XOVES DÍA 17 CELEBROUSE A CHEGADA DA PRIMAVERA E AS SÚAS FESTAS, CUN ACTO NO SALÓN DAS CORES DO CENTRO. 
NOS DÍAS PREVIOS, NO TALLER "EXPLORAMOS COS SENTIDOS" DECOROUSE UN PANEL COA SILUETA DA MASCOTA DA BIBLIOTECA, PERICO, NO QUE SE COLOCARON AS PRANTAS QUE CADA AULA PRANTOU E ADORNOU.
PARA A PRESENTACIÓN DO ACTO O EQUIPO DAS TICS REALIZOU UN VÍDEO QUE TAMÉN SE PUBLICA AQUÍ.
ADEMAIS DE CADA AULA COLOCAR A SÚA PRANTA NO PANEL, CANTÁRONSE CANCIÓNS SOBRE A PRIMAVERA.


  FESTA DE PRIMAVERA 2016 from Piruleta on Vimeo.


MENSAXES DE PAZ
HOXE POLA MAÑÁ CELEBROUSE O ACTO DA PAZ NO CENTRO, MAIS TODA A COMUNIDADE LEVABA TRABALLANDO NAS ÚLTIMAS SEMANAS. 
ELABOROUSE UNHA PRESENTACIÓN DO ACTO CON PICTOGRAMAS, MÚSICA E AS VOCES DUN GRUPO DO ALUMNADO DO TALLER DE COMUNICACIÓN.
LOGO PRESENTOUSE UN VÍDEO: "NO CEE MIÑO CELEBRAMOS A PAZ" CON ACCIÓNS DO ALUMNADO PARA ACADAR A CONVIVENCIA NA PAZ.
DESPOIS CHEGARON AS MENSAXES DE PAZ DAS NOSAS PLANTAS, QUE CADA AULA ELABOROU, PARA COLGAR NA ÁRBORE DA AMIZADE E A PAZ, COAS QUE LOGO FORMARÁN UN LIBRO QUE SE PODERÁ LER NA BIBLIOTECA.
E COMO NO CENTRO E EN TODO ACTO, NON PODE FALTAR A MÚSICA, ARTUR (ALUMNO DA AULA 4) CANTOU O RAP DA PAZ, QUE SE ACOMPAÑOU CON PICTOGRAMAS DE ARASAAC.
PARA REMATAR, UNHA MOSTRA DESTE ACTO. FELIZ DÍA DA PAZ!!


PRESENTACIÓN PAZ 2016 from Taller CEE Miño on Vimeo.

  NO CEE MIÑO CELEBRAMOS A PAZ from Taller CEE Miño on Vimeo.

AS MENSAXES DE PAZ DAS NOSAS PLANTAS from Taller CEE Miño on Vimeo.

O RAP DA PAZ 2016 from Taller CEE Miño on Vimeo.
VID-20160129-WA0004 from Taller CEE Miño on Vimeo.


A BANDA DOS RATOS
DENDE O CURSO PASADO, AS MESTRAS DE AUDICIÓN E LINGUAXE DO CENTRO, DEDICAN UNHA SESIÓN SEMANAL A TRABALLAR CUN GRUPO DO ALUMNADO, A COMUNICACIÓN A TRAVÉS DO TEATRO.
O CURSO PASADO ESTIVO DEDICADO A OBRA "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS", NESTE CURSO DECIDIUSE FACER POR TRIMESTRE.
NO PRIMEIRO FOI A ADAPTACIÓN DO CONTO "A BANDA DOS RATOS" DA COLECCIÓN AMIGOS DA RATA LUÍSA.
A CONTINUACIÓN OS PASOS DESTE TRABALLO:
PRIMEIRO ADAPTAR CON PICTOGRAMAS E VOZ, PARA LOGO ADAPTAR NUN NOVO CONTO.

video


video


video

video


LIBRO MAGOSTO 2015
video


Etiquetas video

CONTO ADAPTADO DÍA DO LIBRO 2015
HOXE CÉLEBRASE O DÍA DO LIBRO, E NO CEE MIÑO ESTE ANO CO LEMA:
"ÁBRENSE OS LIBROS, FLORECE A LECTURA"
AGASALLO DUNHA MESTRA DO CENTRO QUE ADEMAIS ILUSTROU, COMO SE PODE VER NO SEGUINTE MURAL:

E PARA CELEBRAR ESTE DÍA, NO SALÓN DAS CORES XUNTOUSE A TODO O ALUMNADO DO CENTRO, CO GALLO DE VER O VÍDEO DA ADAPTACIÓN DO CONTO "En el bosque del perezoso" de Anouck Boisrobert e Louis Rigaud, REALIZADA POLOS EQUIPOS DA BIBLIOTECA E DAS TICS, QUE A CONTINUACIÓN SE PODE VER, E TAMÉN PARA DAR UN PULO AO MUNDO DOS LIBROS E A LECTURA NESTE DÍA. 
PERICO E PIRULETA NESTE DÍA DESEXAN QUE A LECTURA  FAGA FLORECER AS E MEDRAR A TODOS CADA DÍA.

video


POEMA DÍA DA ÁRBORE E POESÍA 2015
video



NO DÍA DE ROSALÍA 2015
E AGORA UNHA DAS NOSAS ADAPTACIÓNS, O POEMA DE ROSALÍA CON PICTOGRAMAS:

video




MANDADIÑOS DO MECO 2015
XA CHEGA O ENTROIDO, E A FESTA COMEZA.
E ESTE ANO TEMOS TRES MECOS RELACIONADOS CO NOSO TEMA DE MOTIVACIÓN PARA TODAS AS FESTAS, A OBRA DE CASARES: "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas".
POLO TANTO OS MANDADIÑOS FANOS ALGÚNS DOS SEUS PROTAGONISTAS, QUE TAMÉN SERÁN TEMA PARA O DESFILE.


CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ, NO CENTRO LEVÁRONSE A CABO OS SEGUINTES TRABALLIÑOS:

* ADAPTACIÓN DO CONTO "UN CHOCOLATE MOI ESPECIAL", POLAS MESTRAS DE AUDICIÓN E LINGUAXE, CON PICTOGRAMAS DE ARASAAC E AS VOCES DUN GRUPO DO ALUMNADO:


video

* ELABORACIÓN DO LIBRO "AS MENSAXES DAS LARANXAS", PORQUE ESTE ANO ESCOLLEUSE COMO FÍO GUIADOR DAS FESTAS A CELEBRAR AO LONGO DO CURSO A OBRA DE CASARES "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas"; DE XEITO QUE CADA AULA ESCOLLEU UN PERSONAXE PARA DICIR A SÚA MENSAXE E ASÍ ENTRE TODOS CREAR O LIBRO QUE A CONTINUACIÓN SE PRESENTA:


video

* ADAPTACIÓN DA CANCIÓN "EU TEÑO ALGUÉN NO MEU CORAZÓN", POR UN GRUPO DE MESTRAS DO CENTRO, CON DEBUXOS PROPIOS E PICTOS.

video





*ADAPTACIÓN OBRA DE TEATRO: "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS", porque neste curso todas as festividades van xirar arredor desta obra de casares.


video



* "UN CONTO DE NADAL"- ADAPTACIÓN A CARGO DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

                            CONTO DE NADAL. ADAPTACIÓN from PericoPiruleta"


O LIBRO DA RISA


video

PUBLICACIÓN "LIBRO DO MEDO" E A SÚA VIAXE POLAS AULAS
E continuamos coas tarefas da Semana do Libro.
Hoxe deixamos a presentación dunha nova creación, que aínda que comezou no primeiro trimestre non fora publicada, "O Libro do Medo". E a súa viaxe polas aulas, onde cada titor o leu co seu alumnado.
Aproveitamos para recordarvos que a exposición no noso recuncho segue aberta en horario escolar, de 10 a 17 horas.
Un saúdo de Perico e Piruleta.

video

CONTO ADAPTADO
Onte, 23 de abril, como actividade eixe do día do Libro no noso Centro, celebrouse un acto no que se presentou o Conto adaptado, "A Ratiña presumida", que ao longo do trimestre, profesorado e alumnado estiveron a realizar, con textos en pictogramas e diferentes texturas, ademais dos traxes para caracterizar ao rato cos distintos oficios. Pois os namorados deste conto están representados polos distintos oficios (xastre, zapateiro, ferreiro, albanel, granxeiro, carpinteiro e o rato namorado).
A continuación queda unha presentación en imaxes deste acto.


Por fin xa temos a vosa disposición dúas novas creacións:
 "As pólas da nosa árbore" un libro que recolle nas súas páxinas a visión da primavera segundo o alumnado de cada aula.
  "Exploramos produtos do noso horto", un libro moi especial elaborado entre dous talleres, Exploramos cos sentidos e Os contos, é un libro axuda para o traballo con produtos do horto, consta dunha parte manipulativa para o repaso dos produtos traballados,emparellando produto, palabra e pictograma; logo ten unha parte na que están gardados os aromas de cada produto. Para traballar con el, primeiro mostrase o produto real (laranxa, fresa, lavanda,..), logo de tocalo pasase ao sabor, ben comendo si se trata dun froito, ou bebendo en infusión si se trata dunha planta; logo pasase ao cheiro cun aromatizador. Agardamos sexa de utilidade e agrado. 









CORRE, CORRE CABACIÑA
Ao longo do primeiro trimestre e a proposta do Equipo  de  Biblioteca, entre o alumnado, coa axuda do profesorado, levouse a cabo a adaptación do conto “Corre, corre Cabaciña” de Eva Mejuto, editado por OQO.  Cada aula elaborou dúas páxinas do libro, adaptando tanto o texto, con pictogramas, coma as imaxes con distintas texturas.

O resultado na seguinte presentación.
video

CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR A NOITE DE REIS
Este máis que unha produción, é unha adaptación do conto con pictogramas e voces dun grupo do alumnado do Centro.





UN FEITIZO DE MEIGAS


video


AS NOSAS COMIDIÑAS
video


CONTO MATEO...


 

RUFLOT

video

 A HISTORIA DE RUFLOT


 
A PAZ É...

video

FROITOS DE OUTONO

video



ANTÓN O PANDIGUEIRO



ENTROIDIÑO



UN CONTO DE PAZ


ENTROIDO 2011
PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO, AO LONGO DESTA SEMANA, FÓRONSE FACENDO ANACOS DE GRAVACIÓN DO ALUMNADO DURANTE AS DISTINTAS SESIÓNS DE LECTURA, COAS QUE SE ELABOROU UN VÍDEO ACOMPAÑADO DA CANCIÓN "NUN LIBRO" DE PACO NOGUEIRAS DE FONDO E COA LETRA CON PICTOGRAMAS DE ARASAAC.
E A CORRESPONDENTE EXPOSICIÓN DOS LIBROS ELABORADOS E ADAPTADOS NO CENTRO, NESTE CURSO E OS PASADOS.




Open publication - Free publishing - More conto


CALENDARIO XANTARES


Ningún comentario:

Publicar un comentario