luns, 30 de xaneiro de 2017

PROGRAMA DÍA DA PAZ


O Día Escolar da Paz e  Non Violencia celébrase todos os anos o 30 de xaneiro. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respeto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a Paz. Neste día, os centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura ou relixión.


O Día Escolar da Paz e a Non Violencia é unha xornada educativa non gubernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista maiorquín Llorenç Vidal Vidal e que se practica no aniversario da morte de Mahatma Gandhi (30 de Enero).



E no CEE MIÑO hoxe vaise celebrar do seguinte xeito:

Ás 13:30 reúnese toda a Comunidade Educativa no Salón das Cores onde se levará a cabo a escenificación, "A galiña azul e os seus desexos de Paz", rematando o acto coa canción "Ven comigo" de María Fumaça que estiveron a traballar na semana pasada, adaptandoo tamén con pictogramas de Arasaac

VEN COMIGO adaptado con pictogramas from Taller CEE Miño on Vimeo.

luns, 23 de xaneiro de 2017

RECURSOS PARA A PAZ

BUSCANDO NA REDE, PERICO E PIRULETA ATOPARON ALGUNHAS COUSIÑAS INTERESANTES, QUE OUTROS COMPAÑEIROS QUIXERON COMPARTIR PARA QUE TODA A COMUNIDADE POIDA DISFRUTAR, GRAZAS
video

venres, 13 de xaneiro de 2017

CALENDARIO 2017

COMO CADA ANO CHEGA O CALENDARIO DO CEE MIÑO EN FORMATO DIXITAL.
EN FORMATO PAPEL, A TODOS AQUELES MEMBROS DA COMUNIDADE QUE O SOLICITARON, FOI  ENTREGADO.
CALENDARIO 2017 from Taller CEE Miño on Vimeo.

mércores, 11 de xaneiro de 2017

RECURSOS PARA TRABALLAR O INVERNO

BENVIDOS E BENVIDAS!
REMATARON AS VACACIÓNS E COMEZA UN NOVO TRIMESTRE MOI XEADO.
PERICO E PIRULETA ESTIVERON A BUSCAR POLA REDE IDEAS PARA TRABALLAR ESTA ESTACIÓN FRÍA QUE É O INVERNO, E AQUÍ QUEDA UN RESUMO DO ATOPADO, AGARDAN LLE TIREDES PROVEITO E O PASEDES MOI BEN REPASANDO E APRENDENDO VOCABULARIO, CANCIÓNS, ACTIVIDADES...

 

FELICES FESTAS DO ALUMNADO DO INTERNADO

UN GRUPO DO ALUMNADO DO INTERNADO DO CENTRO ESTIVO, NOS DÍAS PREVIOS AO NADAL, TRABALLANDO BAIXO A DIRECCIÓN DO EDUCADOR, NUNHA ÁRBORE PARA FELICITAR AS FESTAS E COLABORAR NA DECORACIÓN DA ENTRADA AO CENTRO.
PARABÉNS! UN FERMOSO E GRAN TRABALLO!!

ACTIVIDADES SEMANA DE NADAL

A CONTINUACIÓN UN RESUMO FOTOGRÁFICO E VÍDEOS DO ACONTECIDO NA SEMANA DE NADAL: 
O LUNS UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL, "CHOCOLATA E OS SEUS AMIGOS FESTEXAN O NADAL" (O EQUIPO DE BIBLIOTECA ORGANIZOU ESTE ACTO NO QUE SE IMPLICOU TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, PIRULETA EXERCEU DE NARRADORA DESTA FESTA DE NADAL QUE OS AMIGOS DE CHOCOLATA PREPARAN PARA ANIMALA, CONTANDO TAMÉN CON APOIO VISUAL COA PROXECCIÓN DUNHA MONTAXE A CARGO DO EQUIPO DAS TICS; PERO MELLOR MIRADE OS VÍDEOS) 
O MARTES PANXOLIÑAS CO CORO DO CPI "TOMÁS DE LEMOS" 
E, O MÉRCORES PARA DESPEDIR, O FESTIVAL.

contacontos nadal from Piruleta on Vimeo.
CONTACONTOS NADAL 2016 from Piruleta on Vimeo.
Contacontos Nadal from Taller CEE Miño on Vimeo.
PANXOLIÑAS CO CORO from Taller CEE Miño on Vimeo.
FESTIVAL NADAL CEE MIÑO 2016 from Taller CEE Miño on Vimeo.