venres, 15 de decembro de 2017

PROGRAMA NADAL

E PASIÑO A PASIÑO O REMATE DO TRIMESTRE ACHÉGASE, ASÍ QUE COMA CADA ANO TOCA CELEBRAR CON VARIAS ACTIVIDADES E FESTAS. 
PARA QUE NON VOS PERDADES NINGUNHA PERICO E PIRULETA DEIXAN AQUÍ O PROGRAMA, TODOS E TODAS ATENTOS QUE MAÑÁ XA COMEZA CUNHA VISITA SORPRESA.
A PASALO MOI BEN!!


domingo, 10 de decembro de 2017

RECOPILACIÓN DE CANCIÓNS PARA O NADAL

PERICO E PIRULETA DEIXAN AQUÍ UNHA RECOPILACIÓN DE CANCIÓNS PARA CELEBRAR ESTAS DATAS, E AGARDAN SEXAN DE UTILIDADE AO TEMPO QUE AGRADECEN A TODAS AS PERSOAS QUE COMPARTEN NA REDE E ASÍ TODOS POIDAN DISFRUTALO. 





E TAMÉN PODEDES ATOPAR MOITAS IDEAS PARA FACER NO SEGUINTE ENLACE: 

luns, 4 de decembro de 2017

1ª SAÍDA AO AUDITORIO

HOXE, DÍA 4 DE DECEMBRO, UN GRUPO DO ALUMNADO DO CEE MIÑO LEVOU A CABO A SÚA PRIMEIRA SAÍDA DESTE CURSO, ACUDIU AO AUDITORIO A VER UNHA REPRESENTACIÓN MUSICAL DO GRUPO ODAIKO "CIRCOPETA".
A CONTINUACIÓN FICHA DA OBRA:

Circopeta. Actividades para escolares. Ourense

Auditorio Municipal de Ourense acolle o 4 e 5 de decembro Circopeta, de Odaiko Percussion Group, dentro da programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación. Música, clown e gags teatrais en galego para escolares de 1º e 2º de primaria.
Actividade destinada exclusivamente á comunidade escolar. 
Instrumentos da vida cotiá (os mal chamados instrumentos pobres), sonoros tambores de plástico reciclados, ritmos conxuntos con coreografías motóricas, melodías de instrumentos de láminas e unha interacción poderosa coa audiencia farán deste peculiar circo un medio de expresión afastado da abafante tecnoloxía e próximo ás inquedanzas dos máis pequenos. Música, clown e gags teatrais de catro músicos do rural galego que farán as delicias do público máis esixente.
ADEMAIS TAMÉN A SÚA UNIDADE DIDÁCTICA:



E, POR SUPOSTO, UN VÍDEO COAS FOTOS DESTE GRUPO DO ALUMNADO NESTA ACTIVIDADE:

FOI UNHA GRAN AVENTURA DA QUE DISFRUTARON MOITO GRANDES E PEQUENOS. AGARDAMOS A SEGUINTE. GRAZAS POR ORGANIZALA.

domingo, 3 de decembro de 2017

PREPARANDO O NADAL

XA CHEGOU, XA ESTÁ AQUÍ, PUNTUAL A SÚA CITA, COMA CADA ANO, ESTE VENRES DEU COMEZO O MES DE NADAL. NO CEE MIÑO DÁSELLE A BENVIDA CUN MURAL DA CASA DE PAPÁ NOEL E UN VÍDEO CUNHA RECOPILACIÓN DE CONTOS, QUE PODEN SERVIR DE AXUDA PARA TRABALLAR SOBRE O PROXECTO DESTE ANO "A CASA"


mércores, 22 de novembro de 2017

TRABALLANDO AS FROITAS DO OUTONO

DENDE O COMEZO DO OUTONO O ALUMNADO ESTIVO A TRABALLAR ALGUNHAS FROITAS DESTA ÉPOCA, CADA AULA TRABALLOU NA DECORACIÓN CON TEXTURAS DUNHA FROITA PARA A CREACIÓN DUN MURAL. DENDE AS TICS E MESTRAS DE AUDICIÓN E LINGUAXE (AL) CREOUSE UN VÍDEO CON ESTAS IMAXES, PICTOGRAMAS DE ARASAAC, SIGNOS DA PÁXINA SPREADTHESING.COM E AS VOCES DE GABRIEL, MARTA, MARIA E KEVIN PAZ. E O VENRES NA BIBLIOTECA POR AULAS TAMÉN TRABALLARON COS FROITOS NATURAIS E VIRON O VÍDEO.



FROITOS OUTONO from Piruleta on Vimeo.




CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

O PASADO VENRES, DÍA 10 DE NOVEMBRO, O ALUMNADO DO CEE MIÑO CELEBROU O MAGOSTO CUN ACTO NA SALA DAS CORES. PRIMEIRO PROXECTOUSE UN VÍDEO DA CELEBRACIÓN DO MAGOSTO DE CURSOS ANTERIORES, LOGO POR AULAS FORON COLOCANDO A CASTAÑA, QUE DECORARAN DURANTE A SEMANA NA AULA, NA CESTA DO PANEL, QUE LOGO QUEDOU NA ENTRADA DO CENTRO; E REMATOUSE O ACTO CUN BAILE.


luns, 6 de novembro de 2017

RECURSOS MAGOSTO 2017

O VENTO COMEZOU A ZOAR, E AS NUBES FOI ACHEGANDO, CARGADAS COA DESEXADA CHOIVA QUE COAS HÚMIDAS PINGAS A SEDE DA TERRA  VEU CALMAR. E CON ESE VENTO SILANDEIRO E O MORNO ORBALLO AS FOLLAS ÍAN CAENDO EN FERMOSAS FILIGRANAS, E CON ELAS AS CASTAÑAS, QUE OS OURIZOS  AO SORRIR Á CHUVIA DEIXARON CAER.
E ASÍ CHEGA UN OUTONO TARDÍO, CO CHEIRO A TERRA MOLLADA, CO RUÍDO DAS FOLLAS NO SOUTO CANDO SE APAÑAN AS CASTAÑAS PARA LOGO FACER O MAGOSTO.
MENTRES SE PREPARA A CELEBRACIÓN DO MAGOSTO, UN VÍDEO, XA PUBLICADO NO OUTONO DE 2014, QUE COAS SÚAS FERMOSAS IMAXES E MÚSICA DE VIVLADI ACHEGA ESTE TEMPO. E TAMÉN A ADAPTACIÓN DUN CONTO TRADICIONAL: "A CASTAÑA QUE REBENTOU COA RISA". AMBOS ELABORADOS POLO EQUIPO DAS TICS


VIDEO OTOÑO from Piruleta on Vimeo.


DENDE A BIBLIOTECA TAMÉN SE DEU COMEZO A ESTE TEMPO O PASADO VENRES COA ESCENIFICACIÓN POR GRUPOS DE CONTO "A CASTAÑA QUE REBENTOU COA RISA"


venres, 3 de novembro de 2017

SAMAIN 2017

DURANTE A ÚLTIMA SEMANA, NO CEE MIÑO, FORON APARECENDO POLAS AULAS E POLOS CORREDORES PANTASMAS, ARAÑAS E ESQUELETES, QUE O PASADO DÍA 31 DE OUTUBRO ORGANIZARON UN PHOTOCALL E UN BAILE NO SALÓN DAS CORES POR NIVEIS.
A CONTINUACIÓN, COMO SE VEN FACENDO, PERICO E PIRULETA DEIXAN UNHA REPORTAXE DESTAS ACTIVIDADES.



VISITA DE TERAPEUTA CON CAN E CACATÚA

O PASADO MÉRCORES, DÍA 18 DE OUTUBRO, O ALUMNADO DO  CEE MIÑO RECIBIU A VISITA DE IZCALLI FERNÁNDEZ, RESPONSABLE DO CENTRO ARDAI, QUE OFERTA TERAPIA CON ANIMAIS. 
VEU ACOMPAÑADA DO CAN, TRONCO, E A CACATÚA, MEIGA.
A CONTINUACIÓN UNHA MOSTRA DESTA TOMA DE CONTACTO CO ALUMNADO.
EN ESTUDO A POSIBILIDADE DE LEVAR A CABO SESIÓNS DESTE TIPO DE TERAPIA AO LONGO DO CURSO.

xoves, 26 de outubro de 2017

RECURSOS SAMAÍN 2017

PERICO E PIRULETA ATOPARON ESTES VÍDEOS NA REDE E DEÍXANOS AQUÍ PARA IR COMEZANDO A FESTA DO SAMAÍN, QUE SE LEVARÁ A CABO NO CEE MIÑO O VINDEIRO MARTES DÍA 31 DE OUTUBRO.




 


martes, 10 de outubro de 2017

RECURSOS OUTONO E CASA

PERICO E PIRULETA DEÍXANVOS UNHA RECOPILACIÓN DE VÍDEOS RECOLLIDOS DA REDE, PARA TRABALLAR VOCABULARIO DE OUTONO E PARA  EMPEZAR A TRABALLAR SOBRE O PROXECTO QUE ESTE CURSO SE VAI DESENVOLVER, "A CASA", PARTINDO DO CONTO SABELA E AS ZOCAS MÁXICAS, DOAZÓN DO COLEXIO DE ARQUITECTOS, A TRAVÉS DO PROXECTO TERRA DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE TERRITORIO E INFRAESTUTURAS. 
BO COMEZO E A TRABALLAR MOITO, QUE PERICO E PIRULETA PUBLICARÁN AQUÍ TODOS OS TRABALLIÑOS QUE SE FAGAN NO CEE MIÑO.




xoves, 5 de outubro de 2017

luns, 11 de setembro de 2017

CALENDARIO ESCOLAR 2017-2018

A CONTINUACIÓN O CALENDARIO ESCOLAR PARA ESTE CURSO 2017-2018 QUE ARRANCA XA, COS SEUS DÍAS LECTIVOS E FESTIVOS PARA A COMUNIDADE DE GALICIA E ENGADIR QUE, PARA ESTE CENTRO, COMO FESTIVOS LOCALES ESTÁN O 11 DE NOVEMBRO DÍA DE SAN MARTIÑO E UN A ELECCIÓN DO CLAUSTRO E APROBACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR QUE SERÁ O 30 DE ABRIL. QUE SERÁN NOTIFICADOS ÁS FAMILIAS PREVIAMENTE, COMA SEMPRE.



BENVIDA AO CURSO 2017-2018




A CONTINUACIÓN UNHA SELECCIÓN DE CANCIÓN ATOPADAS NA REDE E QUE SE COMPARTEN AQUÍ PARA COMEZAR CON ALEGRÍA. BO COMEZO PARA TODOS

FESTIVAL FIN DE CURSO "EU...CON MIMO"


O 23 DE XUÑO, ÚLTIMO DÍA LECTIVO DO CURSO 2016-2017, CELEBROUSE O FESTIVAL DE REMATE DE CURSO. 
ESTA FOI UNHA FIN DE CURSO MOI EMOTIVA, ADEMAIS DE DESPEDIR A CATRO MEMBROS DO ALUMNADO QUE REMATARON A SÚA ESCOLARIZACIÓN (ALBERTO, ANTONIO, ADRIÁN E SERGIO) TAMÉN REMATOU A SÚA ANDAINA NESTE CENTRO A MESTRA DE MÚSICA, MARÍA PÉREZ LASO; MOITAS GRAZAS POLO GRAN TRABALLO LEVADO A CABO NESTE CENTRO COMO MESTRA E XEFA DE ESTUDOS, PERO EN ESPECIAL PORQUE COA SÚA MELODÍA TRANSFORMOU A MÚSICA NUN ARTE E EXPRESIÓN ESPECIAL QUE PASOU A SER MUSICOTERAPÍA E PERMANECERÁ CON TODOS NOS NOSOS CORAZÓNS. SORTE NO TEU NOVO DESTINO E ATA CANDO QUEIRAS.
ESTE CURSO O FESTIVAL LEVOU O TÍTULO  DE "EU...CON MIMO", E, COMO XA SE PUBLICARA NO PROGRAMA, ESTIVO FORMADO DE 5 ACTUACIÓN E UNHA ESPECIAL DE MIMO. 
COMO SE PODE VER A CONTINUACIÓN, TANTO NO VÍDEO COMA NA REPORTAXE FOTOGRÁFICA, PRIMEIRO FOI A PRESENTACIÓN DO ACTO POR PARTE DA DIRECTORA DO CENTRO. A PRIMEIRA ACTUACIÓN "MI MOMENTO" FOI UNHA REPRESENTACIÓN INSTRUMENTAL ACOMPAÑADA DA CANCIÓN "SALTIMBANCO" DE CIRCO DO SOL; A SEGUNDA "MI MOTIVO" FOI TAMÉN UNHA REPRESENTACIÓN ESPECIAL DA CANCIÓN "MAÑANA" DE ANNIE BSO ESPAÑOL TODO BANDAS SONORAS; A TERCEIRA ACTUACIÓN UNHA INTERPRETACIÓN ESPECIAL DE CATRO MIMOS ESPECIAIS CON MUSICA DE MIMO DE PRINCIPEH HANC'Z; A CUARTA "MI EMOCIÓN" O MIMO QUE ACOMPAÑOU TODO O FESTIVAL (A MESTRA DE EDUCACIÓN FÍSICA) E UN GRUPO DO ALUMNADO LEVARON A CABO UNHA INTERPRETACIÓN TAMÉN MOI ESPECIAL DA CANCIÓN "LET ME FALL" DE JOSH GROBAN PARA O CIRCO DO SOL; A QUINTA ACTUACIÓN "MI AMOR" FOI A CANCIÓN "EN MI CORAZÓN VIVIRÁS" DE PHILL COLLINS E A ÚLTIMA "MI MOVIMIENTO" COA CANCIÓN "EL MISMO SOL" DE ÁLVARO SOLER.
E COMO REMATE DE FESTIVAL A ENTREGA DE DIPLOMAS AOS GRADUADOS DESTE CURSO.
QUE O DISFRUTEDES DENDE AQUÍ TANTO COMA SE DISFRUTOU NO DIRECTO.

GRAZAS A TODOS POLA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN!!





martes, 27 de xuño de 2017

DESPEDIDA DE CHOCOLATA

O PASADO DÍA 21 DE XUÑO, O EQUIPO DE BIBLIOTECA ORGANIZOU UN PEQUENO ACTO PARA DESPEDIR A CHOCOLATA E OS SEUS AMIGOS E DAR REMATE AO PROXECTO DESTE CURSO. 
A CONTINUACIÓN UN RESUMO EN FORMA DE GALERÍA  FOTOGRÁFICA E VÍDEO. 
ATA SEMPRE CHOCOLATA E AMIGOS, FOI UN GRAN TRABALLO.

ADEUS CHOCOLATA from Taller CEE Miño on Vimeo.
O PASO DE CHOCOLATA POLO CEE MIÑO from Piruleta on Vimeo.

luns, 26 de xuño de 2017

COUSIÑAS 2017

UN ANO MÁIS PODEMOS DISFRUTAR DO XORNAL ESCOLAR. O ALUMNADO DO CENTRO LEVOUNO AS SÚAS CASAS IMPRESO E AQUÍ DEIXÁMOLO EN FORMATO VÍDEO.

COUSIÑAS 2017 from Taller CEE Miño on Vimeo.

xoves, 22 de xuño de 2017

PROGRAMA FESTIVAL FIN DE CURSO

MAÑÁ NO CEE MIÑO CELEBRASE O FESTIVAL FIN DE CURSO, COMO SE VEN FACENDO NO SEU DERRADEIRO DÍA LECTIVO.
AQUÍ QUEDA O SEU PROGRAMA E OS MELLORES DESEXOS PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, PARA QUE DISFRUTEN DA ACTUACIÓN DUNS PROTAGONISTAS E ARTISTAS INMELLORABLES, O ALUMNADO DESTE CENTRO.


martes, 20 de xuño de 2017

RECOLLIDA PREMIO XORNALISTAS ESCOLARES

ONTE POLA MAÑÁ, NO CENTRO COMERCIAL PONTEVELLA, TIVO LUGAR A ENTREGA DE DIPLOMAS DO IV CONCURSO XORNALISTAS NA ESCOLA, ORGANIZADO POLO XORNAL "LA REGIÓN".
A ESTE EVENTO ACUDIU O ALUMNO DESTE CENTRO, ARTUR, ACOMPAÑADO POLA DIRECTORA.


TAMÉN QUEDA O ENLACE DESTA NOTICIA NO XORNAL:


domingo, 18 de xuño de 2017

INVITACIÓN FESTIVAL FIN DE CURSO

O ALUMNADO DO CEE MIÑO INVITA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A PARTICIPAR NO SEU FESTIVAL FIN DE CURSO, QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO DÍA 23 DE XUÑO ÁS 12:30 HORAS.



xoves, 15 de xuño de 2017

1º PREMIO CONCURSO XORNAL "LA REGIÓN"

O PASADO DÍA 5 DE ABRIL, O XORNAL "LA REGIÓN" PUBLICABA O ARTIGO "A VOZ DO MIÑO", TRABALLO PRESENTADO POLO CENTRO PARA PARTICIPAR NO CONCURSO, "XORNALISTAS NA ESCOLA", E COA FIN DE ACHEGAR E DAR VISIBILIDADE ÁS ACTIVIDADES REALIZADAS POLO ALUMNADO PARA SER O MÁIS COMPETENTE POSIBLE.
ONTE, DÍA 14 DE XUÑO, O XORNAL PUBLICABA  A NOTICIA SOBRE A CONCESIÓN DO PRIMEIRO PREMIO.
MOITAS GRAZAS POR ESTE RECOÑECEMENTO


martes, 6 de xuño de 2017

LECTURA E ACTIVIDADES DO CONTO: "AMIGO LOUREIRO"

NESTE CURSO, CADA TRIMESTRE TRABALLOUSE  UN CONTO, DOS ELABORADOS NO SEMINARIO QUE SE LEVOU A CABO O CURSO PASADO NO CENTRO, COA CORRESPONDENTE LECTURA E ACTIVIDADES. 
A CONTINUACIÓN O VÍDEO DO ÚLTIMO DESTES CONTOS: "AMIGO LOUREIRO":



LECTURA E ACTIVIDADES CO CONTO -AMIGO LOUREIRO from Piruleta on Vimeo.

sábado, 3 de xuño de 2017

VOZ NATURA 2017- AGRICULTURA ECOLÓXICA: INICIACIÓN

UN ANO MÁIS O CEE MIÑO PARTICIPA NO PROGRAMA VOZ NATURA, O TEMA DE TRABALLO ELEXIDO FOI, "AGRICULTURA ECOLÓXICA: INICIACIÓN". ESTE ANO O PROGRAMA CELEBRA O SEU VINTE ANIVERSARIO. 
E, COMO CADA ANO, ESTE SÁBADO 3 DE XUÑO É A DATA ELIXIDA PARA CELEBRAR O 20 ANIVERSARIO DO PROGRAMA MEDIOAMBIENTAL VOZ NATURA NO PARQUE DE ACEA DE AMA, EN CULLEREDO. A FESTA SERÁ ESPECIAL, ADEMAIS DE CELEBRAR A FIN DE CURSO CONMEMORÁRASE O NACEMENTO EN 1997-1998 DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL DA VOZ DE GALICIA DESENVOLVIDO POLA FUNDACIÓN SANTIAGO REY FERNÁNDEZ-LA TORRE.
DENDE A SÚA POSTA EN MARCHA, ESTA INICIATIVA DESENVOLVEU MÁIS DE 4.000 PROXECTOS POR TODA A XEOGRAFÍA GALEGA, GRAZAS Á PARTICIPACIÓN DE 700.000 ESTUDANTES E MÁIS DE 33.000 PROFESORES. CON ESTE MOTIVO, ESTA EDICIÓN RECORDOU OS CINCO GRANDES TEMAS QUE SE TRABALLARON NESTAS DÚAS DÉCADAS: A LOITA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS, AS REFORESTACIÓNS, A LIMPEZA DE ZONAS DEGRADADAS, A RECICLAXE E OS HORTOS ESCOLARES. 
OS TRABALLOS LEVADOS A CABO DURANTE ESTE CURSO PODERÁN VERSE MAÑA DURANTE A FESTA.
A FESTA COMEZARÁ ÁS 11.00 DA MAÑÁ E CONTINUARÁ ATA ÁS 19.30. 
COMA EN ANOS ANTERIORES, INCLUIRÁ NUMEROSAS ACTIVIDADES LÚDICAS E DEPORTIVAS, ASÍ COMA INCHABLES, TALLERES, ACTUACIÓNS...

A CONTINUACIÓN O PANEL RESUMO DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO, AO LONGO DO CURSO, NO CEE MIÑO POR MEMBROS DO ALUMNADO, E QUE FOI ENVIADO Á FESTA.



venres, 2 de xuño de 2017

SEMANA DO MEL


O PASADO DÍA 20 DE MAIO CELEBROUSE O DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS. CO GALLO DESTA FESTA E A PROPOSTA DUN DOS EDUCADORES DO CENTRO, XOSÉ FERNÁNDEZ, MEMBRO DA ASOCIACIÓN AGA E ESPECIALISTA NA MATERIA, O CEE MIÑO AO LONGO DA SEMANA DO 22 AO 26 DE MAIO CELEBROU A SEMANA DAS ABELLAS E O MEL, CON EXPOSICIÓN DE MATERIAIS, ELABORACIÓN DE CANDEAS, DEGUSTACIÓN DE MEL E NA COCIÑA ALGÚNS PRATOS DO MENÚ ELABORADOS CON MEL.
O Día Mundial das Abellas é unha celebración internacional para facer difusión sobre a importancia das abellas e reivindicar a súa necesaria protección como gardiáns do medio ambiente.
AGA celebrarou este día con varios eventos en diferentes lugares de Galicia a través das DAGAS: Santiago, Culleredo, Allariz, Ferrolterra, Nigrán, As Pontes e Mañón. 
A CONTINUACIÓN UNHA MOSTRA DESTA ACTIVIDADE:






venres, 26 de maio de 2017

SAÍDA AUDITORIO: "GATUXO"

O PASADO MÉRCORES, 24 DE MAIO, UN GRUPO DE ALUMNADO DO CEE MIÑO TIVO A OPORTUNIDADE DE PASAR UN ANAQUIÑO DIVERTIDO CO ESPECTÁCULO DE MÚSICA INFANTIL "GATUXO" DE MAGÍN BLANCO. ACTIVIDADE QUE FORMA PARTE DA PROGRAMACIÓN DE AFUNDACIÓN PARA ESTE CURSO ESCOLAR.
Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cancións, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos e o claqué, todo interpretado en directo por tres músicos a dúas voces e unha actriz. 
Gatuxo é unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo desde unha perspectiva artística: Gatuxo é arquitecto dunha caixa, músico na cociña, pintor de garabatos, bailarín de claqué, cantante, titiritero de obxectos cos que xoga, e por suposto é o narrador da súa propia historia.







venres, 19 de maio de 2017

ACTO DÍA DO LIBRO E LETRAS GALEGAS

O PASADO DÍA 16 DE MAIO NO CEE MIÑO REALIZOUSE UN ACTO CONXUNTO PARA A CELEBRACIÓN DO LIBRO E AS LETRAS GALEGAS.
COMO XA SE ANUNCIABA NO PROGRAMA, O ACTO DEU COMEZO CUN VÍDEO DO CONTO DE CARLOS CASARES "A GALIÑA AZUL", ADAPTADO CON PICTOGRAMAS POLO COLEXIO MARÍA CANGAS. LOGO DISFRUTAMOS, TODOS XUNTOS, DA PRESENTACIÓN DIXITAL, QUE FIXO O EQUIPO DE TICS, DO CONTO "OS AMIGOS DE CHOCOLATA". (PRESENTACIÓN QUE SE PODE VER NOUTRA ENTRADA ANTERIOR). 
A CONTINUACIÓN CADA AULA FOI PRESENTANDO NUN PANEL A SÚA GALIÑA AZUL NAS DISTINTAS CELEBRACIÓNS AO LONGO DO CURSO. ACTIVIDADE QUE PODE VERSE NO SEGUINTE VÍDEO:


A GALIÑA AZUL NO CEE MIÑO from Taller CEE Miño on Vimeo.

PARA ESTA OCASIÓN AS  NOSAS  PROTAGONISTAS,  DESTE  CURSO ESCOLAR, "CHOCOLATA" E "A GALIÑA AZUL" VESTÍRONSE DE GALEGAS. CADA AULA COLOCOU EN PICTOGRAMA O NOME DAS DISTINTAS PEZAS DE ROUPA DO TRAXE GALEGO.
POR ÚLTIMO, COMO REMATE DO ACTO E HOMENAXE AO AUTOR, POIDEMOS VER UNHA ADAPTACIÓN DO CONTO "A GALIÑA AZUL" REALIZADA NUNHA AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE, UTILIZANDO PICTOGRAMAS DE ARASAAC, E  A VOZ GRAVADA DUN ALUMNO DO 4º NIVEL, CAMBIANDO AS PERSONAXES ORIXINAIS POLOS AMIGOS DE CHOCOLATA. DE SEGUIDO PODEMOS VELO


A Galiña Azul cos amigos de Chocolata from Piruleta on Vimeo.

POR  ÚLTIMO, UNHA REPORTAXE EN FOTOS E VÍDEO DO ACTO

REPORTAXE FOTOGRÁFICA ACTO DÍA DO LIBRO E LETRAS GALEGAS 2017 from Piruleta on Vimeo.


ACTO DÍA DO LIBRO E LETRAS GALEGAS 2017 from Piruleta on Vimeo.

mércores, 17 de maio de 2017

HOMENAXE A CASARES

NESTA DATA DE HOXE, DÍA DAS NOSAS LETRAS, E NESTE ANO ADEMAIS ADICADA A UNHA PERSONAXE TAN QUERIDA, CARLOS CASARES MOURIÑO; PERICO E PIRULETA, ACHEGAN, DE NOVO, UNHA PUBLICACIÓN QUE SE FIXO POR ESTAS DATAS HAI DOUS CURSOS DUNHA OBRA DESTE AUTOR, "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS".




EN BREVE PUBLICARASE O TRABALLO DESTE CURSO DOUTRA OBRA DO AUTOR, "A GALIÑA AZUL", COMO XA SE ANUNCIOU NA ENTRADA ANTERIOR.

venres, 12 de maio de 2017

PROGRAMA CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO E LETRAS GALEGAS 2017

O VINDEIRO DÍA 16 DE MAIO ÁS 13:15 HORAS, A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEE MIÑO CELEBRARÁ AS FESTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO E LETRAS GALEGAS, ESTE ANO DEDICADA AO AUTOR CARLOS CASARES. 
AO LONGO DESTE ANO VEUSE TRABALLANDO A SÚA OBRA, EN ESPECIAL, O CONTO "A GALIÑA AZUL" QUE ACOMPAÑOU Á PROTAGONISTA DO PROXECTO "CHOCOLATA" E OS SEUS AMIGOS, QUE SE LEVOU A CABO ESTE CURSO.
A CONTINUACIÓN O CARTEL CO PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA ESTE DÍA:






luns, 8 de maio de 2017

RECURSOS LETRAS GALEGAS

A CONTINUACIÓN IDEAS RECOLLIDAS NA REDE PARA TRABALLAR NESTES DÍAS A OBRA DE CARLOS CASARES, AUTOR A QUEN ESTA DEDICADO ESTE ANO A FESTA DAS LETRAS GALEGAS. 
PARA VER HAI QUE PREMER NAS IMAXES.






LIBRO TEXTURAS: "OS AMIGOS DE CHOCOLATA"

ESTE CURSO PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO, O ALUMNADO DO CEE MIÑO CREOU UN LIBRO DE TEXTURAS: "OS AMIGOS DE CHOCOLATA".
CADA DÚAS AULAS UN ANIMAL E OS RESTANTES NAS AULAS DOS ESPECIALISTAS.
A CONTINUACIÓN A SÚA PRESENTACIÓN DIXITAL. PARA DISFRUTAR DEL, EN FORMATO PAPEL, FORMARÁ PARTE NESTES DÍAS DA EXPOSICIÓN QUE SE ESTÁ A LEVAR A CABO NO CENTRO,  LOGO QUEDARÁ NA BIBLIOTECA NO RECUNCHO DAS "NOSAS CREACIÓNS"

domingo, 23 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO

PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO, AO LONGO DESTA SEMANA, FÓRONSE FACENDO ANACOS DE GRAVACIÓN DO ALUMNADO DURANTE AS DISTINTAS SESIÓNS DE LECTURA, COAS QUE SE ELABOROU UN VÍDEO ACOMPAÑADO DA CANCIÓN "NUN LIBRO" DE PACO NOGUEIRAS DE FONDO E COA LETRA CON PICTOGRAMAS DE ARASAAC.
E A CORRESPONDENTE EXPOSICIÓN DOS LIBROS ELABORADOS E ADAPTADOS NO CENTRO, NESTE CURSO E OS PASADOS.
NUN LIBRO from Piruleta on Vimeo.

ADEMAIS DE RECURSOS CON ACTIVIDADES, PARA REALIZAR NA VINDEIRA SEMANA, QUE PODEREDES ATOPAR FACENDO CLIC NAS IMAXES:



sábado, 22 de abril de 2017

OBRADOIROS 2º TRIMESTRE

AO LONGO DO 2º TRIMESTRE O ALUMNADO DO CEE MIÑO CAMBIOU DE OBRADOIRO E AQUÍ VOS DEIXAMOS UNNHA PEQUENA MOSTRA DE IMAXES.


OBRADOIROS 2º TRIMESTRE from Piruleta on Vimeo.

domingo, 9 de abril de 2017

O XARDÍN DA AMIZADE

OUTRA DAS ACTIVIDADES, QUE LEVOU A CABO O ALUMNADO DO CEE MIÑO, PARA CONMEMORAR A CHEGADA DA PRIMAVERA FOI LEMBRAR E TRABALLAR O CONTO "O XARDÍN DA AMIZADE". CONTO ELABORADO NO CENTRO O CURSO PASADO E ADAPTADO AO ALUMNADO, CONTO TANTO EN FORMATO DIXITAL COMA IMPRESO E CON ACTIVIDADES PARA DESENVOLVER NO ENCERADO DIXITAL.
AQUÍ PODEMOS VER ALGUNHAS IMAXES DESTE TRABALLO.






venres, 7 de abril de 2017

SAÍDA AUDITORIO: "ACÁBATE LA SOPA"

ONTE, DÍA 5 DE ABRIL, UN GRUPO DO ALUMNADO DO CEE MIÑO ACUDIU AO AUDITORIO PARA VER UNHA OBRA DE TEATRO MUSICAL, "ACÁBATE LA SOPA". 
A CONTINUACIÓN UNHA GALERÍA DE IMAXES E UNHA RESEÑA E MOSTRA DA OBRA.


SAÍDA-ACÁBATE LA SOPA from Piruleta on Vimeo.

A Muriel, como a muchos niños y niñas, le cuesta terminarse la sopa, sola y aburrida en la cocina. Pero… no está sola: ¡su imaginación le hace compañía! Melodías y ritmos aparecerán inesperadamente de los sitios más sorprendentes y transformarán la cocina en un espacio sonoro que nos descubrirá un montón de sonidos y músicas. Con cuatro músicos y una bailarina, podremos escuchar obras de Simon & Garfunkel, The Beatles, D. Shostakovitx y P. Glass. Si queréis saber si se termina la sopa o no… ¡abrid bien vuestros oídos y vuestra imaginación!
Violín: Aina Roigé
Violoncelo: Olga Domínguez
Clarinete: Oriol Codina / Gener Salicrú
Piano: Maria Molet / Clàudia Gómez
Bailarina: Dory Sánchez / Roser López Espinosa
Dirección de escena y guión: Anna Llopart
Dirección musical: Josep Maria Guix


mércores, 5 de abril de 2017

CONCURSO XORNAL

HOXE, DÍA 5 DE ABRIL, SAE PUBLICADO O TRABALLO COLABORATIVO DE ALUMNADO E PROFESORADO  DO CEE MIÑO,  ENVIADO PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DO XORNAL "LA REGIÓN":  XORNALISTAS NA ESCOLA

mércores, 29 de marzo de 2017

PRIMAVERA NO CEE MIÑO

O PASADO VENRES, DÍA 24 DE MARZO, O ALUMNADO DO CEE MIÑO CELEBROU A CHEGADA DA PRIMAVERA, COMO ESTABA PROGRAMADO NO PROXECTO "CHOCOLATA", ADORNANDO O XARDÍN DA PROTAGONISTA. CADA  DÚAS AULAS, SEGUNDO SE VEU TRABALLANDO NAS DISTINTAS CELEBRACIÓNS, DECORARON A SÚA MACETA E PLANTARON AS PLANTIÑAS QUE NO TALLER "EXPLORAMOS COS SENTIDOS" SEMENTARAN E COIDARAN. PINTARON UNHA CHOCOLATA CON ROUPA DE PRIMAVERA PARA ADORNAR O SEU XARDÍN, ARREDOR DA QUE O ALUMNADO FOI COLOCANDO AS MACETAS.
O ALUMNADO DO 4º NIVEL TAMÉN PLANTOU E PUXO NOME AO CASTIÑEIRO DOADO POLA DIPUTACIÓN.

O XARDÍN DE CHOCOLATA from Piruleta on Vimeo.


martes, 21 de marzo de 2017

RECURSOS PRIMAVERA

CO GALLO DO COMEZO DA PRIMAVERA, O EQUIPO DAS TICS REALIZOU UNHA ADAPTACIÓN CON PICTOGRAMAS DE ARASAAC DA CANCIÓN "ABANEA, ABANEANDO" DO CONTO FÍOS DO QUERER.


DÍA DA ÁRBORE 2017 from Piruleta on Vimeo.

 DEIXAMOS TAMÉN UNHA SELECCIÓN DE RECURSOS ATOPADOS NA REDE:

luns, 20 de marzo de 2017

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

O PASADO VENRES, DÍA 17 DE MARZO, A DINAMIZADORA DO EQUIPO DA BIBLIOTECA PARTICIPOU NO ENCONTRO DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES  QUE SE CELEBRA CADA ANO NO PALACIO DE CONGRESOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.
ESTE ANO CO FARO COMO SÍMBOLO DA LUZ E DO COÑECEMENTO, GUÍA NA ESCURIDADE, O MESMO QUE A BIBLIOTECA ESCOLAR.


mércores, 15 de marzo de 2017

SAÍDA AO AUDITORIO: CONCERTO MAMÁ CABRA

ONTE UN GRUPO DO ALUMNADO ACUDIU AO AUDITORIO, PARA VER UN NOVO CONCERTO DO GRUPO MUSICAL MAMÁ CABRA, COA REPRESENTACIÓN DO TEMA,  AMIGO PAXARO E CANCIÓNS PARA A PAZ.

CONCERTO MAMÁ CABRA: PAXARO AMIGO - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

E UN CHISQUIÑO DE INFORMACIÓN PARA OS QUE NON PUIDERON IR:

luns, 13 de marzo de 2017

LIBRO DESEXOS PAZ

CUN CHISCO DE RETRASO CHEGA A PUBLICACIÓN DO LIBRO, ELABORADO COS DESEXOS DO ALUMNADO E OS AMIGOS DE CHOCOLATA, PARA A PAZ.

mércores, 8 de marzo de 2017

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA




EN HOMENAXE A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEE MIÑO, E, EN ESPECIAL, NESTE DÍA, PARA AS MULLERES, UNS CORTOS RECOLLIDOS NA REDE E NA WEB, http://rz100arte.com. 
DÍA PARA A REFLEXIÓN E A CONCIENCIACIÓN.





martes, 7 de marzo de 2017

RESUMO ACTO DE ENTROIDO

A CONTINUACIÓN UNHA GALERÍA FOTOGRÁFICA E UN VÍDEO RESUMO DO ENTROIDO NO CEE MIÑO, ESTE ANO "O BAILE DOS AMIGOS DE CHOCOLATA", O ALUMNADO DISFRAZOUSE ACOMPAÑADO POLO ELEFANTE, AULAS 1 E 2; POLO OSO, AULAS 3 E 4; POLO TIGRE, AULAS 5 E 6; POLO CROCODILO, AULAS 7 E 8; POLA SERPE, AULAS 9 E 10. DESPOIS OS AMIGOS DE CHOCOLATA BAILARON O BAILE DOS ANIMAIS, PARA LOGO TODOS XUNTOS BAILAR AO RITMO DE CARNAVAL, CARNAVAL.

ENTROIDO 2017 from Piruleta on Vimeo.
ENTROIDO17 from Piruleta on Vimeo.

venres, 3 de marzo de 2017

SAÍDA AUDITORIO: OSIÑO

UN GRUPO DE NENOS E NENAS ASISTIU ONTE AO AUDITORIO DE OURENSE PARA VER UNHA FUNCIÓN DE TEATRO DE TROMPICALLO:OSIÑO, DENTRO DA PROGRAMACIÓN DE AFUNDACIÓN PARA ESCOLARES.


NESTE VÍDEO PODEMOS DISFRUTAR DUN CHISQUIÑO DA FUNCIÓN

venres, 24 de febreiro de 2017

EU SON ROSALÍA

HOXE, 24 DE FEBREIRO, É O ANIVERSARIO DO NACEMENTO DA NOSA ESCRITORA MÁIS UNIVERSAL. COMO CONMEMORACIÓN COMPARTIMOS ESTE VÍDEO DO IES PINO MANSO, QUE NOS GUSTOU TANTO. 
GRAZAS POLO O VOSO TRABALLO.

PROGRAMA FESTA DE ENTROIDO

MAÑÁ VENRES, DÍA 24 DE FEBREIRO, NO CEE MIÑO, NA ÚLTIMA SESIÓN DA MAÑÁ CELEBRARASE A FESTA DE ENTROIDO CON DESFILE E BAILE.
A CONTINUACIÓN O PROGRAMA DESTE EVENTO.

xoves, 23 de febreiro de 2017

TALLER CARETAS

ONTE, UN GRUPO DO ALUMNADO DO CEE MIÑO PARTICIPOU NUN TALLER DE ELABORACIÓN DE CARETAS, DIRIXIDO POR DÚAS MONITORAS DO CONCELLO, DENTRO DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES SOBRE O ENTROIDO.
A CONTINUACIÓN UNHA MOSTRA FOTOGRÁFICA:
TALLER CARETAS from Piruleta on Vimeo.

mércores, 22 de febreiro de 2017

OBRADOIROS 1º TRIMESTRE

DE SEGUIDO, NESTE VÍDEO, PODEMOS VER  UNHA MOSTRA DALGUNHAS DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO NOS DISTINTOS OBRADOIROS, AO LONGO DO PRIMEIRO TRIMESTRE.
OBRADOIROS 1º TRIMESTRE from Piruleta on Vimeo.

domingo, 19 de febreiro de 2017

ORDES DO MECO

DE LUNS 20 AO XOVES 23
Como non podía ser doutro xeito, este ano os Mandadiños fainos Chocolata así que todos moi atentos e preparados para rematar o venres cunha gran festa.


mércores, 15 de febreiro de 2017

RECURSOS ENTROIDO

SELECCIÓN DE CANCIÓNS, QUE PODEN ACOMPAÑAR O DESFILE DE ENTROIDO. ESTE ANO O ALUMNADO ACOMPAÑARÁ AOS AMIGOS DE CHOCOLATA DISFRAZÁNDOSE E BAILANDO COMA ELES.
ADEMAIS NA SEGUINTE PÁXINA PÓDENSE ATOPAR MÁIS RECURSOS:
http://recursostic.educacion.es/heda/web/difundiendo-buenas-practicas/604-recursos-para-carnaval


 

sábado, 11 de febreiro de 2017

CONTACONTOS: CANCODRILO

O 31 DE XANEIRO VISITOU O CENTRO SABELA, MONITORA DO CONCELLO, QUE DENTRO DO SEU PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA, VISITA OS DISTINTOS CENTROS, QUE PREVIAMENTE O SOLICITARON, COA REPRESENTACIÓN DUN CONTO, ESTE ANO FOI "CANCODRILO". ESTE CURSO ADEMAIS DEIXOU UN AGASALLO, A COLECCIÓN DE CONTOS DE CANCODRILO DA EDITORIAL LINTEO. 
GRAZAS SABELA, FOI UN PRACER CONTIGO UNHA VEZ MÁIS.
A CONTINUACIÓN O RESUMO DESTE ACTO.



CONTACONTOS-CANCODRILO from Piruleta on Vimeo.

venres, 10 de febreiro de 2017

O RECUNCHO DE LECTURA

O RECUNCHO DE LECTURA, DE CHOCOLATA E OS SEUS AMIGOS E AMIGAS, XA ESTÁ PREPARADO PARA LER MOITOS CONTIÑOS RELACIONADOS CO ENTROIDO. ANIMÁDEVOS A VISITALO, E LEMBRADE QUE PODEDES LEVAR, EN SERVIZO DE PRÉSTAMO, PARA LER NA CASA COA FAMILIA.