martes, 29 de novembro de 2016

luns, 21 de novembro de 2016

ACTO MAGOSTO 2016

O PASADO XOVES, DÍA 10 DE NOVEMBRO, NO CEE MIÑO CELEBROUSE O MAGOSTO DUN XEITO ESPECIAL, PRIMEIRO, POR MOR DO TEMPO AS ACTIVIDADES ESTE ANO TIVERON LUGAR NO SALÓN DAS CORES; DESPOIS, COMO XA SE LEVA MENCIONADO, ESTE CURSO "CHOCOLATA" GUÍA TODAS AS ACTIVIDADES, ASÍ DURANTE A SEMANA UNHA ACTIVIDADE FOI "LENDO CON CHOCOLATA" QUE ACHEGOU AO RECUNCHO LIBROS DA TEMÁTICA DE OUTONO E MAGOSTO, RECOLLENDO CADA AULA UNHA FOTO, QUE FORMOU PARTE DA DECORACIÓN DA CASTAÑA PARA CADA AULA COLOCAR NO MURAL.
OUTRA ACTIVIDADE ERA "VESTIR A CHOCOLATA DE OUTONO", PARA ISTO CADA AULA CONFECCIONOU UNHA PRENDA QUE ESTE DÍA SE LLE COLOCOU.
E POR ÚLTIMO, AO LONGO DA SEMANA TAMÉN CADA AULA FOI PINTANDO E VESTINDO A PIÑATA CON FORMA DE CHOCOLATA, COA QUE SE DEU REMATE A ESTA FESTA.
A CONTINUACIÓN UN RESUMO:

      VÍDEO ACTO MAGOSTO from Piruleta on Vimeo.
MAGOSTO from Taller CEE Miño on Vimeo.

TRABALLOS DO MAGOSTO

DURANTE A SEMANA DO MAGOSTO ALUMNADO E PROFESORADO ESTIVO A REALIZAR TAREFAS PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DO MAGOSTO, QUE TIVO LUGAR O PASADO DÍA 10 DE NOVEMBRO NO SALÓN DAS CORES POR MOR DO MAL TEMPO.
ESTAS TAREFAS FORON: "LENDO CON CHOCOLATA": CADA AULA RECOLLEU UNHA FOTO COA QUE DECOROU O MURAL DO MAGOSTO.
"VESTIR A CHOCOLATA DE OUTONO": CADA AULA CONFECCIONOU UNHA PRENDA COA QUE SE VESTIU A CHOCOLATA NO ACTO DO MAGOSTO
"PIÑATA": CADA AULA PINTOU E DECOROU UN ANAQUIÑO DA PIÑATA CON FORMA DE CHOCOLATA, COA QUE SE REMATOU O ACTO. 
A CONTINUACIÓN UN VÍDEO DESTES TRABALLIÑOS.
VESTINDO A CHOCOLATA DE OUTONO acto from Taller CEE Miño on Vimeo.

sábado, 5 de novembro de 2016

MAGOSTO ALUMNADO DO INTERNADO

O PASADO XOVES DÍA 27 DE OUTUBRO, APROVEITANDO O BO TEMPO, OS EDUCADORES DO CENTRO ORGANIZARON UNHA TARDE DE MAGOSTO NA ÁREA RECREATIVA DA VILA DE VELLE  (O PALAU), PARA UN GRUPO DO ALUMNADO DO INTERNADO.
A CONTINUACIÓN UNHA MOSTRA DESTA ACTIVIDADE:

venres, 4 de novembro de 2016

EXPLORANDO CO SON

A MESTRA DE MÚSICA VEN DE AXEITAR UNHA PAREDE DA SÚA AULA PARA QUE O ALUMNADO EXPERIMENTE E EXPLORE CON DISTINTOS SONS TRANSFORMÁNDOOS EN MÚSICA.

xoves, 3 de novembro de 2016

RECURSOS MAGOSTO

DENDE O RECUNCHO PERICO E PIRULETA COA SÚA NOVA AMIGA CHOCOLATA ACHEGAN ALGUNHA COUSIÑA ATOPADA NA REDE E QUE COMPARTEN PARA IR PREPARANDO A CELEBRACIÓN DO MAGOSTO
video

video

video
video

video

video


mércores, 2 de novembro de 2016

RESUMO FESTA DO SAMAÍN


O PASADO VENRES, DÍA 28 DE OUTUBRO, CELEBROUSE O SAMAÍN NO CEE MIÑO. 
O ALUMNADO ACOMPAÑADO DE CHOCOLATA CANTOU E BAILOU A CANCIÓN "NO TENGO MIEDO" E A CONTINUACIÓN REALIZOU UN MURAL CON DEMOS E BRUXAS PERSONALIZADOS. 
A CONTINUACIÓN, COMA SEMPRE, PODE VERSE UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA E VÍDEO DESTE EVENTO.
VÍDEO SAMAÍN 16 from Piruleta on Vimeo.
video