luns, 30 de maio de 2016

SEMINARIO DE FORMACIÓN

AO LONGO DESTE CURSO UNHA PARTE DO PROFESORADO DESTE CENTRO E DÚAS MESTRAS  DO CEIP A PONTE, ESTIVERON A REALIZAR UN SEMINARIO DE FORMACIÓN DEPENDENTE DO CFR, PARA A CREACIÓN DE CONTOS ADAPTADOS AO ALUMNADO CON NEE EMPREGANDO AS TICS. FORON MOITAS HORAS DE DEDICACIÓN DESPOIS DA XORNADA ESCOLAR (UNHA SESIÓN MENSUAL DE 17.00 A 20.00).
PARABÉNS A TODAS POLO ESFORZO, DEDICACIÓN E POLA CREACIÓN DOS CONTOS COAS SÚAS ACTIVIDADES PARA QUE O ALUMNADO DO CENTRO E AQUELES QUE LLES INTERESE POIDAN APROVEITALO.
NO SEGUINTE ENLACE PÓDESE VER O TRABALLO REALIZADO E ENTREGADO NO CFR.


xoves, 19 de maio de 2016

ACTIVIDADES LETRAS: EXPOSICIÓN E TEATRO

HOXE AO LONGO DA MAÑÁ TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PODERÁ PASAR A VISITAR A EXPOSICIÓN DE LIBROS QUE PREPAROU A MASCOTA DA BIBLIOTECA, PERICO; E NA ÚLTIMA SESIÓN NO PATIO TERÁ LUGAR UNHA REPRESENTACIÓN DUNHAS OLIMPIADAS MOI ESPECIAIS, PARA IR PREPARÁNDOAS QUEDA O SEGUINTE VÍDEO.


AS OLIMPIADAS 2016 from Piruleta on Vimeo.

ACTIVIDADES SEMANA DAS LETRAS: SAÍDA E MAXÍA

ONTE, MÉRCORES DÍA 18, POLA MAÑÁ, UN GRUPO DO ALUMNADO ACUDIU AO AUDITORIO PARA VER O CONCERTO-TEATRO DO GRUPO MAMÁ CABRA: 15 PRIMAVERAS.
A CONTINUACIÓN UNHA PEQUENA MOSTRA.


SAÍDA AO AUDITORIO MAMÁ CABRA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

NA SESIÓN DA TARDE, TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA TIVO A OPORTUNIDADE DE DISFRUTAR UNHA VEZ MÁIS COA MAXIA DO "MAGO CHIRLETA", NO SEGUINTE VÍDEO PÓDESE OLLAR UN CHISQUIÑO DESTE MOMENTO DE LEDICIA.



MAGO CHIRLETA from Piruleta on Vimeo.

mércores, 18 de maio de 2016

EXPOSICIÓN LIBROS LETRAS GALEGAS 2016

PERICO E PIRULETA ACHÉGANVOS AS NOVIDADES DE LIBROS E CONTOS EN GALEGO, ADEMAIS DAS NOSAS PRODUCIÓNS (CONTIÑOS CREADOS  E ADAPTADOS, AO LONGO DO CURSO, COA COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA).
ESTE ANO O LEMA DA EXPOSICIÓN É: "CEE MIÑO SOMOS TODOS, COÑÉCENOS A TRAVÉS DOS NOSO CONTOS".


venres, 13 de maio de 2016

PROGRAMA E RECURSOS PARA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2016

A CONTINUACIÓN PÓDESE OLLAR O PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA A VINDEIRA SEMANA, A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2016, E ALGÚN ENLACE A PÁXINAS CON RECURSOS PARA TRABALLAR E MOTIVAR ESTES DÍAS.

<

NO SEGUINTE ENLACE UNHA ESCOLMA DE CANCIÓNS CON LETRAS DE MANUEL MARÍA


luns, 9 de maio de 2016

CONTO PARA A EXPOSICIÓN NO MUSEO MUNICIPAL

COMO CADA ANO O CONCELLO ORGANIZA UNHA EXPOSICIÓN DE CONTOS, NO MUSEO MUNICIPAL, ELABORADOS NOS CENTROS PARTICIPANTES DA SÚA ACTIVIDADE SOBRE ANIMACIÓN Á LECTURA "DÁLLE FORMA AOS TEUS CONTOS". ESTE ANO CO TEMA "AS LEGUMES".
O ALUMNADO DO CEE MIÑO ELABOROU O SEU CONTO: "COMO TE SENTES...?", CON LEGUMES E FROITAS.
A CONTINUACIÓN ESTE CONTO, QUE SE ENVIOU O VENRES PARA A EXPOSICIÓN QUE ARRANCA O VINDEIRO LUNS, EN FORMATO DIXITAL.