mércores, 27 de abril de 2016

A NOSA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

ONTE NO CEE MIÑO CELEBROUSE UN ACTO PARA DAR COMEZO A SEMANA DO LIBRO. PRIMEIRO PROXECTOUSE UN VÍDEO ELABORADO COAS TARXETAS QUE O ALUMNADO, POR AULAS, ELABOROU. CADA TARXETA ESTABA FORMADA POLA FLOR QUE NO PROXECTO DESTE CURSO, "DAS NOSAS PLANTAS FLORECEN CONTOS", CADA NIVEL TRABALLOU; DENTRO CADA FLOR LEVABA UN VERSO QUE UNHA VEZ COLOCADOS POR ORDE FORMABAN O POEMA: "O XARDÍN DE PERICO". DESPOIS DE COLOCAR AS TARXETAS TAMÉN SE ESCOITARON CANCIÓNS CO GALLO DE FOMENTAR A LECTURA. 
A CONTINUACIÓN UN RESUMO FOTOGRÁFICO.
video

video

domingo, 24 de abril de 2016

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O VINDEIRO MARTES, DÍA 26 DE ABRIL, CELEBRASE UN ANO MÁIS A XORNADA DE PORTAS ABERTAS, NA QUE SE ORGANIZA UNHA VISITA POLOS DISTINTOS ESPAZOS DO CENTRO E O VISIONADO DUN VÍDEO DAS ACTIVIDADES QUE A COMUNIDADE EDUCATIVA LEVA A CABO AO LONGO DO CURSO.
DENDE ESTE ESPAZO QUEDAN CONVIDADOS.


xoves, 21 de abril de 2016

RECURSOS DÍA DO LIBRO 2016

NESTA SEMANA, PROFESORADO E ALUMNADO, ANDAN A TRABALLAR A REO PARA  A PREPARACIÓN DA SEMANA DO LIBRO. O VINDEIRO LUNS, DÍA 25, CELEBRARASE UN ACTO, NO QUE CADA AULA AGASALLARÁ A PERICO (como xa saben, a mascota da Biblioteca) CUNHA TARXETA-FRASE-FLOR, QUE IRÁN COLOCANDO POR ORDE NO TABOLEIRO XA FEITO PARA O DÍA DA ÁRBORE, FORMANDO O POEMA "O XARDÍN DE PERICO". POEMA, QUE PRESENTARÁ O ACTO NUN VÍDEO, CREADO POLO EQUIPO DE TICS COAS FOTOS DA TARXETA DE CADA AULA E A VOZ DO ALUMNO DO 4º NIVEL, ARTUR.
ESTE XARDÍN DE PERICO ADORNARÁ A EXPOSICIÓN DE LIBROS QUE SE PODERÁ VISITAR AO LONGO DE TODA A SEMANA, PODERANSE OLLAR TANTO AS NOVAS ADQUISICIÓNS COMA AS CREACIÓNS PROPIAS DO ALUMNADO COA AXUDA DO PROFESORADO.
MENTRES QUEDAN UNS VÍDEOS ATOPADOS NA REDE. 
A PASALO MOI BEN COS NOSOS AMIGOS OS LIBROS!
NON ESQUEZADES QUE SON A MELLOR AVENTURA!

video

video

video


martes, 12 de abril de 2016

ENCONTRO BIBLIOTECAS ESCOLARES 2016


O pasado venres celebráronse, coma todos os anos, os Encontros de Bibliotecas escolares. Asistíu a responsable da Biblioteca do CEE MIÑO, quedando abraiada do traballo e bo facer dos profesionais doutros Centros. Parabéns a todos e todas.
A continuación un pequeno vídeo coa experiencia e o póster do proxecto do Centro. 
video


sábado, 2 de abril de 2016

AUTISMO 2016

HOXE, VENRES DÍA 1 DE ABRIL, ADIANTAMOS A FESTA DE MAÑÁ, O DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN MUNDIAL SOBRE AUTISMO.
DENDE O CEE MIÑO, HOXE LEVOUSE A CABO UN PEQUENO ACTO DE APORTACIÓN, A ESTA TAREFA DE CONCIENCIACIÓN E ACEPTACIÓN DAS DIFERENZAS.


video