mércores, 21 de decembro de 2016

TARXETA DE NADAL 2016

DEZ OVOS DA GALIÑA AZUL "DEZ MENSAXES" PARA EXPRESAR UN ANO MÁIS O QUE O CEE MIÑO DESEXA PARA ESTAS DATAS E PARA O NOVO ANO. TARXETA NADAL 2016 from Piruleta on Vimeo.

luns, 19 de decembro de 2016

TARDE DE CINE

O PASADO MARTES DÍA 13 POLA TARDE, UN GRUPO DO ALUMNADO DO INTERNADO, ACOMPAÑADO POR UN DOS CUIDADORES, ALUMNA DE PRÁCTICAS E ORIENTADORA FOI VER A PELÍCULA EN 3D "MOANA".

sábado, 17 de decembro de 2016

PROGRAMA SEMANA DE NADAL

A CONTINUACIÓN O PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DE NADAL, TANTO PERICO E PIRULETA COMA A SÚA NOVA AMIGA CHOCOLATA INVITAN A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A PARTICIPAR. 
ANIMÁDEVOS!!
AGÁRDANVOS MOI LEDOS!!


PROGRAMA NADAL 16 from Piruleta on Vimeo.

martes, 29 de novembro de 2016

luns, 21 de novembro de 2016

ACTO MAGOSTO 2016

O PASADO XOVES, DÍA 10 DE NOVEMBRO, NO CEE MIÑO CELEBROUSE O MAGOSTO DUN XEITO ESPECIAL, PRIMEIRO, POR MOR DO TEMPO AS ACTIVIDADES ESTE ANO TIVERON LUGAR NO SALÓN DAS CORES; DESPOIS, COMO XA SE LEVA MENCIONADO, ESTE CURSO "CHOCOLATA" GUÍA TODAS AS ACTIVIDADES, ASÍ DURANTE A SEMANA UNHA ACTIVIDADE FOI "LENDO CON CHOCOLATA" QUE ACHEGOU AO RECUNCHO LIBROS DA TEMÁTICA DE OUTONO E MAGOSTO, RECOLLENDO CADA AULA UNHA FOTO, QUE FORMOU PARTE DA DECORACIÓN DA CASTAÑA PARA CADA AULA COLOCAR NO MURAL.
OUTRA ACTIVIDADE ERA "VESTIR A CHOCOLATA DE OUTONO", PARA ISTO CADA AULA CONFECCIONOU UNHA PRENDA QUE ESTE DÍA SE LLE COLOCOU.
E POR ÚLTIMO, AO LONGO DA SEMANA TAMÉN CADA AULA FOI PINTANDO E VESTINDO A PIÑATA CON FORMA DE CHOCOLATA, COA QUE SE DEU REMATE A ESTA FESTA.
A CONTINUACIÓN UN RESUMO:

      VÍDEO ACTO MAGOSTO from Piruleta on Vimeo.
MAGOSTO from Taller CEE Miño on Vimeo.

TRABALLOS DO MAGOSTO

DURANTE A SEMANA DO MAGOSTO ALUMNADO E PROFESORADO ESTIVO A REALIZAR TAREFAS PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DO MAGOSTO, QUE TIVO LUGAR O PASADO DÍA 10 DE NOVEMBRO NO SALÓN DAS CORES POR MOR DO MAL TEMPO.
ESTAS TAREFAS FORON: "LENDO CON CHOCOLATA": CADA AULA RECOLLEU UNHA FOTO COA QUE DECOROU O MURAL DO MAGOSTO.
"VESTIR A CHOCOLATA DE OUTONO": CADA AULA CONFECCIONOU UNHA PRENDA COA QUE SE VESTIU A CHOCOLATA NO ACTO DO MAGOSTO
"PIÑATA": CADA AULA PINTOU E DECOROU UN ANAQUIÑO DA PIÑATA CON FORMA DE CHOCOLATA, COA QUE SE REMATOU O ACTO. 
A CONTINUACIÓN UN VÍDEO DESTES TRABALLIÑOS.
VESTINDO A CHOCOLATA DE OUTONO acto from Taller CEE Miño on Vimeo.

sábado, 5 de novembro de 2016

MAGOSTO ALUMNADO DO INTERNADO

O PASADO XOVES DÍA 27 DE OUTUBRO, APROVEITANDO O BO TEMPO, OS EDUCADORES DO CENTRO ORGANIZARON UNHA TARDE DE MAGOSTO NA ÁREA RECREATIVA DA VILA DE VELLE  (O PALAU), PARA UN GRUPO DO ALUMNADO DO INTERNADO.
A CONTINUACIÓN UNHA MOSTRA DESTA ACTIVIDADE:

venres, 4 de novembro de 2016

EXPLORANDO CO SON

A MESTRA DE MÚSICA VEN DE AXEITAR UNHA PAREDE DA SÚA AULA PARA QUE O ALUMNADO EXPERIMENTE E EXPLORE CON DISTINTOS SONS TRANSFORMÁNDOOS EN MÚSICA.

xoves, 3 de novembro de 2016

RECURSOS MAGOSTO

DENDE O RECUNCHO PERICO E PIRULETA COA SÚA NOVA AMIGA CHOCOLATA ACHEGAN ALGUNHA COUSIÑA ATOPADA NA REDE E QUE COMPARTEN PARA IR PREPARANDO A CELEBRACIÓN DO MAGOSTO
video

video

video
video

video

video


mércores, 2 de novembro de 2016

RESUMO FESTA DO SAMAÍN


O PASADO VENRES, DÍA 28 DE OUTUBRO, CELEBROUSE O SAMAÍN NO CEE MIÑO. 
O ALUMNADO ACOMPAÑADO DE CHOCOLATA CANTOU E BAILOU A CANCIÓN "NO TENGO MIEDO" E A CONTINUACIÓN REALIZOU UN MURAL CON DEMOS E BRUXAS PERSONALIZADOS. 
A CONTINUACIÓN, COMA SEMPRE, PODE VERSE UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA E VÍDEO DESTE EVENTO.
VÍDEO SAMAÍN 16 from Piruleta on Vimeo.
video


luns, 24 de outubro de 2016

LECTURAS DE SAMAÍN

O PASADO VENRES DÍA 21 AO LONGO DA MAÑÁ E A CARGO DO EQUIPO DE BIBLIOTECA O ALUMNADO DE CADA AULA E COA RESPECTIVA TITORA VISITOU O NOVO RECUNCHO DE LECTURA, RECUNCHO DE CHOCOLATA E AMIGOS. ALÍ PUIDERON LER E OLLAR A EXPOSICIÓN DE LIBROS COA TEMÁTICA DO SAMAÍN.
A CONTINUACIÓN UNHA REPORTAXE ELABORADA POLO EQUIPO DAS TICS QUE RECOLLE UN RESUMO DESTA ACTIVIDADE:

RECURSOS SAMAÍN

COA FINALIDADE DE IR PREPARANDOSE PARA A FESTA DO VINDEIRO VENRES, PERICO E PIRULETA DEIXAN UNS VÍDEOS ATOPADOS NA REDE:
Carabuñas from Piruleta on Vimeo.

CARABUÑAS cancion from Piruleta on Vimeo.

CONTACONTOS: "CHOCOLATA"

O PASADO VENRES DÍA 7 DE OUTUBRO CELEBROUSE NO CEE MIÑO A PRESENTACIÓN DO CONTO "CHOCOLATA", PRESENTADO POLA COORDINADORA DA BIBLIOTECA, COMO PERICO E A MESTRA DE MÚSICA, COMO CHOCOLATA.
SENDO ESTE UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL, POR SER ELEMENTO MOTIVADOR PARA ARRANCAR UN NOVO PROXECTO PARA ESTE CURSO.
CON MOITA ILUSIÓN, NA PRIMEIRA SEMANA DE OUTUBRO, O ALUMNADO ESTIVO TRABALLANDO O CONTO E A CANCIÓN, QUE XA COÑECÍAN UN CHISCO POR SER A QUE DABA REMATE AO CONTO DE PRESENTACIÓN DO CURSO E O CENTRO, "WIFI E ALFREDO NO CEE MIÑO".  AO TEMPO O EQUIPO DAS TICS ADAPTOU ESTE CONTO CON PICTOGRAMAS DE ARASAAC  E A VOZ DUN ALUMNO, CO CAL TAMÉN SE ELABOROU UN VÍDEO.
A CONTINUACIÓN TODA ESTA PRESENTACIÓN: 






CHOCOLATA ADAPTADO from Piruleta on Vimeo.
CONTACONTOS from Taller CEE Miño on Vimeo.
CONTACONTOS CHOCOLATA VÍDEO from Taller CEE Miño on Vimeo.

OUTONO NO CEE MIÑO

POUQUIÑO A POUQUIÑO O NOVO CURSO VAI AVANZANDO AO TEMPO QUE A NOVA ESTACIÓN DEIXA ATRÁS O TEMPO DE LECER E CALOR. E ASÍ, MOI AMODIÑO O OUTONO CHEGA, COAS SÚAS CORES, CO ARRECENDO DAS COLLEITAS, COAS PRIMEIRAS PINGAS E O VENTO XOGANDO COAS FOLLIÑAS QUE AS ÁRBORES VAN DEIXANDO CAER.
E ASÍ, PASIÑO A PASIÑO, AULA POR AULA, O ALUMNADO DO CEE MIÑO FOI CREANDO O SEU MURAL DO OUTONO, PLASMANDO O SIGNIFICADO DESTA NOVA ESTACIÓN PARELLA DO COMEZO DO CURSO.
A CONTINUACIÓN A MOSTRA DESTA OBRA:


CANDO CHEGA O OUTONO from Piruleta on Vimeo.

RECUNCHO CHOCOLATA E AMIGOS

ESTE CURSO A PERICO E PIRULETA XURDIULLE UNHA NOVA AMIGA, CHOCOLATA, QUE  ADEMAIS VEN ACOMPAÑADA DE MOITOS AMIGUIÑOS (TEÓFILO, A GALIÑA AZUL...). PASIÑO A PASIÑO VAN IR PRESENTÁNDOSE E GUIANDO AO ALUMNADO NAS TAREFAS DESTE CURSO. 
COMO SON MOITOS E QUEREN ESTAR BEN PRETO DO ALUMNADO, NESTE TEMPO QUE XA VAI DE CURSO, O EQUIPO DA BIBLOTECA PREPAROU UN RECUNCHO PARA IR PRESENTANDO AS LECTURAS E ACTIVIDADES DE CADA FESTA.
E ESTANDO NA SEMANA DO SAMAÍN A ESTREA DESTE RECUNCHO SERÁ CON ESTA FESTA DE SUSTOS E SORPRESAS, MAIS A REPORTAXE VAI IR NOUTRA ENTRADA. 
MENTRES UNHA IMAXE DESTE NOVO ESPAZO.
ÁNIMO E A DISFRUTALO LENDO MOITO



mércores, 19 de outubro de 2016

PREPARANDO MOTORES NO MES DE SETEMBRO

O MES DE SETEMBRO ADEMAIS DE PREPARAR UN NOVO PROXECTO, ALUMNADO E PROFESORADO REPASAN PARTE DO TRABALLO DO CURSO ANTERIOR: PRIMEIRO PASA POLAS AULAS O CONTO CREADO "WIFI E ALFREDO NO CEE MIÑO", NO CAL UNHA CASTAÑA E UN XACINTO PRESENTAN OS DIFERENTES ESPAZOS DO CENTRO. O ALUMNADO LE O CONTO E VISIONA O VÍDEO COAS CANCIÓNS, PARA NA DERRADEIRA SEMANA REALIZAR AS ACTIVIDADES CORRESPONDENTES NO ENCERADO DIXITAL (EDI) E DAR PASO AO NOVO PROXECTO DESTE CURSO, "CHOCOLATA", CANCIÓN COA QUE REMATA O CONTO "WIFI E ALFREDO NO CEE MIÑO" NO ESPAZO DO COMEDOR.
A CONTINUACIÓN UNHAS MOSTRAS DESTA PREPARACIÓN:





WIFI E ALFREDO from Piruleta on Vimeo.

xoves, 22 de setembro de 2016

CHEGOU O OUTONO



ESTE ANO O OUTONO CHEGA O DÍA 22, SEGUNDO O OBSERVATORIO ASTRÓNOMICO NACIONAL, ARREDOR DAS 16:21 DA TARDE, E PARA IR COMEZANDO AS TAREFAS DA ÉPOCA, PERICO E PIRULETA DEIXANVOS ALGUNHAS COUSIÑAS CON MOITAS IDEAS.
video

video
ADEMAIS  NOS SEGUINTES ENDEREZOS MÁIS IDEAS:



http://coleticinfantil.blogspot.com.es/2013/11/recursos-para-o-outono.html

LEMBRAR TAMÉN  QUE NAS ENTRADAS ANTIGAS DOS CURSOS ANTERIORES HAI MOITO MATERIAL



venres, 9 de setembro de 2016

RECOMENDACIÓNS PARA COMEZAR O CURSO

PERICO E PIRULETA RECORDAN QUE, O CURSO PASADO SE TRABALLOU MOITO NA CREACIÓN DE TRES CONTOS ADAPTADOS CO SEU CORRESPONDENTE VÍDEO E ACTIVIDADES NO NOTEBOOK, POLO TANTO PROPOÑEN O CONTO DE "WIFI E ALFREDO NO CEE MIÑO" PARA ARRANCAR O CURSO PRESENTANDO E RECORDANDO OS ESPAZOS  DO CENTRO.
A SUXERENCIA É QUE NA PRIMEIRA QUINCENA DE SETEMBRO SE PRESENTE AO ALUMNADO O CONTO TANTO EN VÍDEO COMA NO SEU FORMATO IMPRESO, PARA NA ÚLTIMA SEMANA DE SETEMBRO REALIZAR AS ACTIVIDADES NOS ENCERADOS DIXITAIS (ENTREGARASE UN CADRO COA DISTRIBUCIÓN POR AULAS E SESIÓNS)
O CONTO "O XARDÍN DA AMIZADE" QUEDARÍA PARA TRABALLAR NA SEMANA DA ÁRBORE E "AMIGO LOUREIRO" PARA A SEMANA DO LIBRO.
PARA NON BUSCALO NAS ENTRADAS DO CURSO PASADO QUEDA DE NOVO AQUÍ O VÍDEO:
video

CALENDARIO ESCOLAR 2016-2017



martes, 30 de agosto de 2016

BENVIDA AO NOVO CURSO 2016-2017

O TEMPO DE VACACIÓNS ESCOLARES VAI REMATANDO, E PARA DAR A BENVIDA AO NOVO CURSO, PERICO E PIRULETA PRESENTAN UN REPASO FOTOGRÁFICO, QUE QUEDARA PENDENTE DO FESTIVAL DE FIN DE CURSO. 
QUE UNHA OLLADA AO TRABALLO DO CURSO PASADO SERVA DE MOTIVACIÓN PARA ARRANCAR UN NOVO PROXECTO. 
(Tamén vai servir para recordar que se deben tirar fotos con cámara fotográfica e non co móbil, pois é moi cómodo pero resta moita caidade)
DENDE O RECUNCHO OS MELLORES DESEXOS PARA ESTE NOVO CURSO E PROXECTO. ÁNIMO E ADIANTE QUE "SOMOS...."

domingo, 26 de xuño de 2016

FESTIVAL FIN DE CURSO 2016

COMO XA SE VIÑA ANUNCIANDO, O PASADO MÉRCORES, DÍA 22 DE XUÑO, REMATOU O CURSO 2015-2016, E NO CEE MIÑO DESPEDIUSE CUN TEMA MOI ESPECIAL, "SOMOS": LATEXO, AUGA, SON, UNIÓN
A CONTINUACIÓN UN RESUMO DESTA ACTIVIDADE EN VÍDEO. NUNS DÍAS ESTARÁ A REPORTAXE FOTOGRÁFICA.
GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLA SÚA PARTICIPACIÓN, E COLABORACIÓN. 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2016 from Piruleta on Vimeo.

mércores, 22 de xuño de 2016

MAÑÁ FESTIVAL FIN DE CURSO

PREPARANDO MOTORES PARA MAÑÁ DESPEDIR ESTE CURSO 2015-2016 COA GRAN FESTA, "SOMOS"
PERICO E PIRULETA AGARDAN QUE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA GOCE DUNHA XORNADA INESQUECIBLE.
FELIZ DÍA!!

COUSIÑAS 2016

MAÑÁ O ALUMNADO LEVARÁ PARA OS SEUS DOMICILIOS O XORNAL ESCOLAR DESTE CURSO, COUSIÑAS 2016. 
PICANDO NA IMAXE PÓDESE ACCEDER A SÚA VERSIÓN DIXITAL

venres, 17 de xuño de 2016

PROGRAMA FESTIVAL FIN DE CURSO


PERICO E PIRULETA DEIXAN A CONTINUACIÓN O ENLACE AO PROGRAMA DO FESTIVAL FIN DE CURSO, AGARDAN SEXA DO AGRADO DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
ALUMNADO E PROFESIONAIS ESTIVERON A TRABALLAR DURO  PARA FESTEXAR ENTRE TODOS ESTE DÍA DE REMATE DE CURSO.
GRAZAS A TODOS POR COLABORAR, PARTICIPAR E CELEBRAR QUE "SOMOS"


domingo, 12 de xuño de 2016

SAÍDA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O PASADO XOVES DÍA 8 DE XUÑO, UN GRUPIÑO DO ALUMNADO DO CENTRO ACUDIU A VISITAR A BIBLIOTECA MUNICIPAL DA CARBALLEIRA. ACTIVIDADE OTORGADA POLO CONCELLO DENTRO DO SEU PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN A LECTURA.
PASÁRONO XENIAL, MOITAS GRAZAS.

SAÍDA CEE MIÑO 8 XUÑO 2016 from Piruleta on Vimeo.

luns, 30 de maio de 2016

SEMINARIO DE FORMACIÓN

AO LONGO DESTE CURSO UNHA PARTE DO PROFESORADO DESTE CENTRO E DÚAS MESTRAS  DO CEIP A PONTE, ESTIVERON A REALIZAR UN SEMINARIO DE FORMACIÓN DEPENDENTE DO CFR, PARA A CREACIÓN DE CONTOS ADAPTADOS AO ALUMNADO CON NEE EMPREGANDO AS TICS. FORON MOITAS HORAS DE DEDICACIÓN DESPOIS DA XORNADA ESCOLAR (UNHA SESIÓN MENSUAL DE 17.00 A 20.00).
PARABÉNS A TODAS POLO ESFORZO, DEDICACIÓN E POLA CREACIÓN DOS CONTOS COAS SÚAS ACTIVIDADES PARA QUE O ALUMNADO DO CENTRO E AQUELES QUE LLES INTERESE POIDAN APROVEITALO.
NO SEGUINTE ENLACE PÓDESE VER O TRABALLO REALIZADO E ENTREGADO NO CFR.


xoves, 19 de maio de 2016

ACTIVIDADES LETRAS: EXPOSICIÓN E TEATRO

HOXE AO LONGO DA MAÑÁ TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PODERÁ PASAR A VISITAR A EXPOSICIÓN DE LIBROS QUE PREPAROU A MASCOTA DA BIBLIOTECA, PERICO; E NA ÚLTIMA SESIÓN NO PATIO TERÁ LUGAR UNHA REPRESENTACIÓN DUNHAS OLIMPIADAS MOI ESPECIAIS, PARA IR PREPARÁNDOAS QUEDA O SEGUINTE VÍDEO.


AS OLIMPIADAS 2016 from Piruleta on Vimeo.

ACTIVIDADES SEMANA DAS LETRAS: SAÍDA E MAXÍA

ONTE, MÉRCORES DÍA 18, POLA MAÑÁ, UN GRUPO DO ALUMNADO ACUDIU AO AUDITORIO PARA VER O CONCERTO-TEATRO DO GRUPO MAMÁ CABRA: 15 PRIMAVERAS.
A CONTINUACIÓN UNHA PEQUENA MOSTRA.


SAÍDA AO AUDITORIO MAMÁ CABRA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

NA SESIÓN DA TARDE, TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA TIVO A OPORTUNIDADE DE DISFRUTAR UNHA VEZ MÁIS COA MAXIA DO "MAGO CHIRLETA", NO SEGUINTE VÍDEO PÓDESE OLLAR UN CHISQUIÑO DESTE MOMENTO DE LEDICIA.



MAGO CHIRLETA from Piruleta on Vimeo.

mércores, 18 de maio de 2016

EXPOSICIÓN LIBROS LETRAS GALEGAS 2016

PERICO E PIRULETA ACHÉGANVOS AS NOVIDADES DE LIBROS E CONTOS EN GALEGO, ADEMAIS DAS NOSAS PRODUCIÓNS (CONTIÑOS CREADOS  E ADAPTADOS, AO LONGO DO CURSO, COA COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA).
ESTE ANO O LEMA DA EXPOSICIÓN É: "CEE MIÑO SOMOS TODOS, COÑÉCENOS A TRAVÉS DOS NOSO CONTOS".


venres, 13 de maio de 2016

PROGRAMA E RECURSOS PARA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2016

A CONTINUACIÓN PÓDESE OLLAR O PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA A VINDEIRA SEMANA, A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2016, E ALGÚN ENLACE A PÁXINAS CON RECURSOS PARA TRABALLAR E MOTIVAR ESTES DÍAS.

<

NO SEGUINTE ENLACE UNHA ESCOLMA DE CANCIÓNS CON LETRAS DE MANUEL MARÍA


luns, 9 de maio de 2016

CONTO PARA A EXPOSICIÓN NO MUSEO MUNICIPAL

COMO CADA ANO O CONCELLO ORGANIZA UNHA EXPOSICIÓN DE CONTOS, NO MUSEO MUNICIPAL, ELABORADOS NOS CENTROS PARTICIPANTES DA SÚA ACTIVIDADE SOBRE ANIMACIÓN Á LECTURA "DÁLLE FORMA AOS TEUS CONTOS". ESTE ANO CO TEMA "AS LEGUMES".
O ALUMNADO DO CEE MIÑO ELABOROU O SEU CONTO: "COMO TE SENTES...?", CON LEGUMES E FROITAS.
A CONTINUACIÓN ESTE CONTO, QUE SE ENVIOU O VENRES PARA A EXPOSICIÓN QUE ARRANCA O VINDEIRO LUNS, EN FORMATO DIXITAL.

mércores, 27 de abril de 2016

A NOSA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

ONTE NO CEE MIÑO CELEBROUSE UN ACTO PARA DAR COMEZO A SEMANA DO LIBRO. PRIMEIRO PROXECTOUSE UN VÍDEO ELABORADO COAS TARXETAS QUE O ALUMNADO, POR AULAS, ELABOROU. CADA TARXETA ESTABA FORMADA POLA FLOR QUE NO PROXECTO DESTE CURSO, "DAS NOSAS PLANTAS FLORECEN CONTOS", CADA NIVEL TRABALLOU; DENTRO CADA FLOR LEVABA UN VERSO QUE UNHA VEZ COLOCADOS POR ORDE FORMABAN O POEMA: "O XARDÍN DE PERICO". DESPOIS DE COLOCAR AS TARXETAS TAMÉN SE ESCOITARON CANCIÓNS CO GALLO DE FOMENTAR A LECTURA. 
A CONTINUACIÓN UN RESUMO FOTOGRÁFICO.
video

video

domingo, 24 de abril de 2016

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O VINDEIRO MARTES, DÍA 26 DE ABRIL, CELEBRASE UN ANO MÁIS A XORNADA DE PORTAS ABERTAS, NA QUE SE ORGANIZA UNHA VISITA POLOS DISTINTOS ESPAZOS DO CENTRO E O VISIONADO DUN VÍDEO DAS ACTIVIDADES QUE A COMUNIDADE EDUCATIVA LEVA A CABO AO LONGO DO CURSO.
DENDE ESTE ESPAZO QUEDAN CONVIDADOS.


xoves, 21 de abril de 2016

RECURSOS DÍA DO LIBRO 2016

NESTA SEMANA, PROFESORADO E ALUMNADO, ANDAN A TRABALLAR A REO PARA  A PREPARACIÓN DA SEMANA DO LIBRO. O VINDEIRO LUNS, DÍA 25, CELEBRARASE UN ACTO, NO QUE CADA AULA AGASALLARÁ A PERICO (como xa saben, a mascota da Biblioteca) CUNHA TARXETA-FRASE-FLOR, QUE IRÁN COLOCANDO POR ORDE NO TABOLEIRO XA FEITO PARA O DÍA DA ÁRBORE, FORMANDO O POEMA "O XARDÍN DE PERICO". POEMA, QUE PRESENTARÁ O ACTO NUN VÍDEO, CREADO POLO EQUIPO DE TICS COAS FOTOS DA TARXETA DE CADA AULA E A VOZ DO ALUMNO DO 4º NIVEL, ARTUR.
ESTE XARDÍN DE PERICO ADORNARÁ A EXPOSICIÓN DE LIBROS QUE SE PODERÁ VISITAR AO LONGO DE TODA A SEMANA, PODERANSE OLLAR TANTO AS NOVAS ADQUISICIÓNS COMA AS CREACIÓNS PROPIAS DO ALUMNADO COA AXUDA DO PROFESORADO.
MENTRES QUEDAN UNS VÍDEOS ATOPADOS NA REDE. 
A PASALO MOI BEN COS NOSOS AMIGOS OS LIBROS!
NON ESQUEZADES QUE SON A MELLOR AVENTURA!

video

video

video


martes, 12 de abril de 2016

ENCONTRO BIBLIOTECAS ESCOLARES 2016


O pasado venres celebráronse, coma todos os anos, os Encontros de Bibliotecas escolares. Asistíu a responsable da Biblioteca do CEE MIÑO, quedando abraiada do traballo e bo facer dos profesionais doutros Centros. Parabéns a todos e todas.
A continuación un pequeno vídeo coa experiencia e o póster do proxecto do Centro. 
video


sábado, 2 de abril de 2016

AUTISMO 2016

HOXE, VENRES DÍA 1 DE ABRIL, ADIANTAMOS A FESTA DE MAÑÁ, O DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN MUNDIAL SOBRE AUTISMO.
DENDE O CEE MIÑO, HOXE LEVOUSE A CABO UN PEQUENO ACTO DE APORTACIÓN, A ESTA TAREFA DE CONCIENCIACIÓN E ACEPTACIÓN DAS DIFERENZAS.


video





luns, 21 de marzo de 2016

A NOSA FESTA DE PRIMAVERA

O PASADO XOVES DÍA 17 CELEBROUSE A CHEGADA DA PRIMAVERA E AS SÚAS FESTAS, CUN ACTO NO SALÓN DAS CORES DO CENTRO. 
NOS DÍAS PREVIOS, NO TALLER "EXPLORAMOS COS SENTIDOS" DECOROUSE UN PANEL COA SILUETA DA MASCOTA DA BIBLIOTECA, PERICO, NO QUE SE COLOCARON AS PRANTAS QUE CADA AULA PRANTOU E ADORNOU.
PARA A PRESENTACIÓN DO ACTO O EQUIPO DAS TICS REALIZOU UN VÍDEO QUE TAMÉN SE PUBLICA AQUÍ.
ADEMAIS DE CADA AULA COLOCAR A SÚA PRANTA NO PANEL, CANTÁRONSE CANCIÓNS SOBRE A PRIMAVERA.


  FESTA DE PRIMAVERA 2016 from Piruleta on Vimeo.
CELEBRAMOS A PRIMAVERA from Piruleta on Vimeo.

venres, 11 de marzo de 2016

RECURSOS PARA TRABALLAR A PRIMAVERA


PERICO E PIRULETA DEÍXANVOS UNHA SELECCIÓN DE COUSIÑAS ATOPADAS NA REDE.
PARA TRABALLAR A PRIMAVERA COAS SÚAS ACTIVIDADES, E SEGUINDO O PROXECTO DESTE CURSO, "DAS NOSAS PLANTAS FLORECEN CONTOS", ACHEGAMOS UNS VÍDEOS SOBRE AS PLANTAS QUE SE ESTÁN A PLANTAR E SEMENTAR




video

video
video



video

mércores, 9 de marzo de 2016

ACTIVIDADE: DALLE FORMA AOS TEUS CONTOS

DALLE FORMA AOS TEUS CONTOS from Piruleta on Vimeo.

Esta actividade forma parte da Campaña de Animación á lectura do Concello de Ourense -Dalle forma aos teus contos-. Dous monitores estiveron, o pasado luns 29 de Febreiro, co alumnado do CEE MIÑO disfrutando dos contos, contos son sentimentos: "Que tal, vexetal? e "Un cabaliño de mar soíño"

luns, 7 de marzo de 2016

8 DE MARZO - DÍA DA MULLER

                                                                                               
                                                                                                         


PERICO E PIRULETA DEÍXANVOS UN CONTIÑO PARA TRABALLAR ESTA DATA.
video