luns, 26 de outubro de 2015

PREMIOS RAMÓN PUGA

   O PASADO VENRES, DÍA 23 DE OUTUBRO, NO AUDITORIO DA CIDADE, A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEE MIÑO FOI INVITADA PARA RECOLLER O PREMIO CONCEDIDO AO CENTRO, POLA SÚA PARTICIPACIÓN NA CONVOCATORIA DE PREMIOS RAMÓN PUGA DA DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO E SEGURIDADE VIAL, NO APARTADO: "EDUCACIÓN VIAL A TRAVÉS DO TEATRO"; COA SÚA OBRA REPRESENTADA NO FESTIVAL DE FIN DE CURSO: "SOÑANDO CONTOS"
video

xoves, 22 de outubro de 2015

RECURSOS PARA O SAMAIN

A COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA GALEGA NA SÚA PÁXINA WEB E NO APARTADO DE RECURSOS HAI UN PAQUETE DE ACTIVIDADES, ÁS QUE SE PODE ACCEDER DENDE A SEGUINTE IMAXE.

ADEMAIS, A MESTRA DE MÚSICA REALIZOU UNHA SELECCIÓN A TRAVÉS DA REDE DE VÍDEOS MUSICAIS PARA CANTAR NESTAS DATAS.

video

video

video

video

video

PREPARANDO O SAMAIN

PERICO E PIRULETA ESTÁN A TRABALLAR MOITO NESTES DÍAS, PREPARANDO UNHA BOA FESTA PARA QUE, AO LONGO DA VINDEIRA SEMANA, ENTREDES TODOS NA BIBLIOTECA A SENTIR O SAMAIN. E TAMÉN PARA ANIMAROS A QUE PARTICIPEDES NA DECORACIÓN DO CENTRO E NAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS.







mércores, 21 de outubro de 2015

AGASALLOS PARA A NOSA BIBLIOTECA


Nestes días a Biblioteca está de sorte, chegaron ao centro dous agasallos:

* A nai dun alumno do Centro trouxo un préstamo do que estamos disfrutando estes días, trátase dun conto que nos achega ao mundo do Síndrome de Dravet. Aquí vos queda a referencia por se alguén quere ler a historia. 



* E dende a biblioteca do centro Perico e Piruleta dan as grazas ao IES “As Barxas” Moaña por ter o detalle de enviarnos o libro “Barxilón no mar do latón”, encantanos o libro compañeiros, ánimo co voso proxecto.



mércores, 14 de outubro de 2015

LECTURAS PARA O OUTONO

DENDE A BIBLIOTECA, PERICO E PIRULETA FAN AS SEGUINTES RECOMENDACIÓN PARA TRABALLAR O OUTONO E AS SÚAS FESTAS:

video


venres, 9 de outubro de 2015

DÍA MUNDIAL DA PARALISE CEREBRAL

O PASADO MÉRCORES, DÍA 7 DE OUTUBRO, COMA CADA ANO O PRIMEIRO MÉRCORES DO MES DE OUTUBRO, CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DA PARALISE CEREBRAL. E NO CEE MIÑO FESTEXOUXE CUN SELFIE NA PRAZA DAS POMBAS.

COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEE MIÑO CURSO 2015-2016

DENDE O EQUIPO DAS TICS DO CEE MIÑO ELABOROUSE O SEGUINTE VÍDEO PARA DAR A BENVIDA AO NOVO CURSO E PRESENTAR A COMUNIDADE E QUE O FORMA, ASÍ COMO A BENVIDA AOS NOVOS MEMBROS.

video