martes, 28 de abril de 2015

SABOREANDO AS FROITAS II

TRAS O LABOR LEVADO A CABO DURANTE O MES DE MARZO NAS AULAS, CON ESTA ACTIVIDADE A PROPOSTA DO EDLG, CHEGAN OS VÍDEOS QUE AMOSAN A MODO DE RESUME GRÁFICO O SEU DESENVOLVEMENTO.

video


video


video


PLANTAR O ACIVRO

DENDE A DIPUTACIÓN DE OURENSE, CO GALLO DO DÍA DA ÁRBORE, FOI ENVIADO AO CENTRO UN ACIVRO, QUE POR MOR DE DIFERENTES CAUSAS PLÁNTOUSE OUTRO DÍA, QUEDANDO RECOLLIDA ESTA ACTIVIDADE NO SEGUINTE VÍDEO.
video


xoves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO NO CEE MIÑO

HOXE CÉLEBRASE O DÍA DO LIBRO, E NO CEE MIÑO ESTE ANO CO LEMA:
"ÁBRENSE OS LIBROS, FLORECE A LECTURA"
AGASALLO DUNHA MESTRA DO CENTRO QUE ADEMAIS ILUSTROU, COMO SE PODE VER NO SEGUINTE MURAL:

E PARA CELEBRAR ESTE DÍA, NO SALÓN DAS CORES XUNTOUSE A TODO O ALUMNADO DO CENTRO, CO GALLO DE VER O VÍDEO DA ADAPTACIÓN DO CONTO "En el bosque del perezoso" de Anouck Boisrobert e Louis Rigaud, REALIZADA POLOS EQUIPOS DA BIBLIOTECA E DAS TICS, QUE A CONTINUACIÓN SE PODE VER, E TAMÉN PARA DAR UN PULO AO MUNDO DOS LIBROS E A LECTURA NESTE DÍA. 
PERICO E PIRULETA NESTE DÍA DESEXAN QUE A LECTURA  FAGA FLORECER AS E MEDRAR A TODOS CADA DÍA.

video

xoves, 16 de abril de 2015

SEMANA DO LIBRO

VÍDEO DA SAÍDA DO ALUMNADO AO AUDITORIO

A CONTINUACIÓN UNHA PEQUENA REPORTAXE, RESUMO DA SAÍDA DUN GRUPO DO ALUMNADO DO CEE MIÑO AO AUDITORIO, PARA VER E ESCOITAR A ODAIKO GROUP, O PASADO 17 DE MARZO. OBRA DA QUE DISFRUTARON MOITO, E ADEMAIS UN ESPECIAL AGRADECEMENTO AOS MEMBROS DE "ODAIKO GROUP" QUE ACCEDERON A TIRAR UNHA FOTO CO ALUMNADO.

video

xoves, 9 de abril de 2015

CELEBRACIÓN DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA NO CEE MIÑO

O PASADO DÍA 19 DE MARZO, NO CEE MIÑO, LEVARONSE A CABO AS ACTIVIDADES DESTINADAS Á CELEBRAR A CHEGADA DA PRIMAVERA, CO SEU DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA.
NAS SEMANAS PREVIAS ORGANIZOUSE O CORRESPONDENTE TRABALLO PARA QUE ESTAS SE PUIDESEN REALIZAR NO SEU DÍA; QUE COMO SE VEN FACENDO NESTE CURSO, XIRAN ARREDOR DO CENTRO DE INTERESE DA OBRA DE CASARES "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS".
COMENZOUSE COA PRESENTACIÓN DO CONTO "EL BOSQUE DEL PEREZOSO", A PARTIR DO QUE SE PREPAROU UN XOGO DE MOTIVACIÓN (CADA AULA DECOROU UNHA ÁRBORE CON DISTINTAS TÉCNICAS E TEXURAS, QUE LOGO SE COLOCOU NUNHA LÁMINA PARA FORMAR O BOSQUE ONDE SE AGOCHABA O PEREZOSO, E NO QUE O ALUMNADO TIÑA QUE ATOPALO, TRABALLANDO ASÍ CONCEPTOS ESPACIAIS).
 A DECORACIÓN CON DISTINTOS MURAIS DA ENTRADA DO CENTRO E O SALÓN DAS CORES PARA O ACTO.
A RECICLAXE DUN PALET EN XARDÍN MÓBIL (ADAPTALO CON RODAS PARA O SEU DESPRAZAMENTO POLAS AULAS, PINTALO E COLOCACIÓN DE BRIDAS PARA COLOCACIÓN DAS BOTELLAS-SEMENTEIROS), LOGO A PREPARACIÓN E REPARTO DE BOTELLAS PARA A SÚA DECORACIÓN E POSTERIOR SEMENTEIRA (POR SUPOSTO, CON SEMENTES DAS FROITAS TRABALLADAS PREVIAMENTE: LARANXA, MANDARINA, LIMÓN, KIWI E MAZÁ).
E NON PODÍA FALTAR A PARTE MUSICAL, CANTAR E BAILAR COA CANCIÓN "TODOS SOMOS NECESARIOS".
E PARA PRESENTAR ESTA CELEBRACIÓN, PREPAROUSE UN VÍDEO CON IMAXES E UNHA POESÍA EN PICTOGRAMAS COAS VOCES DUN GRUPO DO ALUMNADO, QUE NESTE DÍA TAMÉN RECITARON.


video

 O NOSO BOSQUE DO PEREZOSO


video

video


video


video


mércores, 1 de abril de 2015

DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO

DENDE O RECUNCHO, PERICO E PIRULETA, AÍNDA QUE ESTÁN DE VACACIÓNS, QUEREN DEIXAR ESTES TRABALLOS DO CURSO PASADO, RECORDANDO NESTA DATA QUE TODAS AS PERSOAS SOMOS DIFERENTES E PORÉN, CON DIFERENTES XEITOS E RITMOS PARA APRENDER. 
PARA TODAS AS PERSOAS, QUE O DÍA 2 DE ABRIL SEXA DIFERENTE E MOI ESPECIAL, CHEO DE LEDICIAS.