martes, 15 de decembro de 2015

TARXETA DE NADAL 2015

UN ANO MÁIS, O ALUMNADO DO CEE MIÑO, COA AXUDA DAS SÚAS TITORAS, TRABALLARON PARA CREAR UNHA TARXETA CONXUNTA COA QUE ACHEGAR A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA UN ANAQUIÑO DE LEDICIA PARA ESTAS DATAS.

video




RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

PERICO E PIRULETA DEIXAN UNS CONSELLIÑOS DE LECTURA, PARA DISFRUTAR DE GRANDES AVENTURAS ESTE NADAL. 
video

xoves, 3 de decembro de 2015

1ª SAÍDA DESTE CURSO AO AUDITORIO


O VINDEIRO DÍA 14 UN GRUPO DO ALUMNADO IRÁ AO AUDITORIO, PARA VER UNHA OBRA DE TEATRO CON MONICREQUES: "LÍO EN LA GRANJA" DO GRUPO LA BALDUFA
FICHA DA OBRA:
"En una Granja donde conviven diversos animales desaparece un huevo de la señora gallina. Fruto de esto empieza un gran Lío y surgen desconfianzas entre los habitantes de la Granja. Todas las miradas se dirigen hacia el Cuervo, el recién llegado desde el “extranjero”.
Piñote y Calabacín son los protagonistas que se convierten en espectadores excepcionales, y comprenderán que los recelos entre los habitantes de la Granja no son tan lejanos.
Una sátira en formade fabula de losconflictos actuales de nuestra sociedad contados de una manera sencilla, reflexiva y con muy buen humor.
Este espectáculo tiene el asesoramiento de profesionales del sector de la educación (maestros y pedagogos). Tiene en cuenta el proyecto curricular de educación infantil y primaria, y quiere tratar temas como la tolerancia, la inmigración, el racismo… de una manera explícita, a partir de unos personajes conocidos y no extraños para los niños como son los animales y a partir de un medio más cercano y cada vez más desconocido como es una Granja."
Autor: La Baldufa
Dirección: 
Jordi Purtí y La Baldufa
Música: 
Josep Mª Baldomà
Diseño de luces: 
Jordi Purtí , Salvador Servat
Diseño escenográfico y de vestuario: 
Carles Pijuan
Construcción de escenografía: 
Carles Pijuan, Joan Domingo
Vestuario: 
Teresa Ortega 
Actores:
Piñote: 
Enric Blasi o Emiliano Pardo
Calabacín: 
Carles Pijuan o Ferran López
Técnico de sonido y luces: 
Salvador Servat
Producción: La Baldufa
Oficina: 
Isabel Mercé, Pilar Pàmpols

PARA SABER MÁIS

http://www.labaldufateatre.com/es/espectacles/embolic-a-la-granja/

video





PREPARANDO O NADAL

XA CHEGOU O MES DO NADAL, E O ALUMNADO DO CEE MIÑO XA ESTÁ A TRABALLAR A REO, DECORANDO O CENTRO, FACENDO TARXETAS, ENSAIANDO PANXOLIÑAS E VISITANDO A BIBLIOTECA E A PERICO, QUE XUNTO CON PIRULETA SÉNTENSE MOI LEDOS DE QUE NENOS E NENAS VAIAN DE VISITA E LEVEN LIBROS, PELIS E XOGOS. 
PERICO E PIRULETA AGARDAN EMOCIONADOS VER TANTOS TRABALLIÑOS E O FESTIVAL!!
MENTRES, UNHA MOSTRA:



luns, 23 de novembro de 2015

PANXOLIÑAS


PERICO E PIRULETA DEIXAN O SEGUINTE ENLACE PARA QUE ESCOLLER UNHA PANXOLIÑA  PARA REPRESENTAR NO FESTIVAL DE NADAL

xoves, 12 de novembro de 2015

MAGOSTO 2015


O PASADO DÍA 10, DESPOIS DO RECREO CELEBROUSE O MAGOSTO NO CEE MIÑO, COMO XA ESTABA INFORMADO NO PROGRAMA, PRIMEIRO VIRON OS VÍDEOS DUN CONTO CON PICTOS, LOGO A PROPOSTA DO EQUIPO DA BIBLIOTECA,  NUNHA FOGUEIRA QUE PREVIAMENTE SE REALIZOU COAS SILUETAS DAS MANS DO ALUMNADO EN FOLLAS DE XORNAL (PARA RECICLAR), CADA AULA FOI COLOCANDO A SÚA CASTAÑA QUE ANTES DECORARAN E QUE AO REMATE DA FESTA SERÁN RECOLLIDAS PAR FORMAR UN LIBRO QUE PODERÁN LER NA BIBLIOTECA. PARA REMATAR, A CANCIÓN DO RAP DO MAGOSTO ADAPTADA CON PICTOGRAMA. LOGO SAÍUSE AO PATIO PARA VER A FOGUIEIRA QUE  O BEDEL, JUAN, E  O ADMINISTRATIVO, ALEJANDRO, FIXERON PARA QUE O ALUMNADO BOTARA AS CASTAÑAS AO LUME.
A CONTINUACIÓN, COMA SEMPRE, O RESUMO DESTA ACTIVIDADE.
video


Etiquetas video
video
video

video



MAGOSTO INTERNADO

ADEMAIS, UN GRUPO DO ALUMNADO DO INTERNADO DO CENTRO, TAMÉN TIVO O SEU MAGOSTO, HAI XA UNS DÍAS, ORGANIZADO POLOS EDUCADORES, MERCEDES E JOSÉ MANUEL, COA COLABORACIÓN DO BEDEL, SERGIO, E A ANTERIOR EDUCADORA, ROSA MARI.

video

ACCESO ACTIVIDADES NOTEBOOK MAGOSTO
A TITORA DA AULA 2 REALIZOU AS SEGUINTES ACTIVIDADES, FACENDO CLIC PÓDESE ACCEDER.

https://www.dropbox.com/s/jim8i259xjhh1x4/M.notebook?dl=0

venres, 6 de novembro de 2015

PREPARANDO O MAGOSTO

E SEGUIMOS DE FESTA, DEIXAMOS O SAMAÍN E CHEGA O SAN MARTIÑO COA SÚA FESTA GRANDE, O MAGOSTO. E NO CEE MIÑO XA COMENZAN OS PREPARATIVOS, ADEMAIS DENDE A COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA UNHA MOSTRA DE ACTIVIDADES PARA TRABALLAR ESTA FESTA.
A PREPARARSE PARA APRENDE, XOGAR E COMER CASTAÑAS!!!

video



luns, 26 de outubro de 2015

PREMIOS RAMÓN PUGA

   O PASADO VENRES, DÍA 23 DE OUTUBRO, NO AUDITORIO DA CIDADE, A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEE MIÑO FOI INVITADA PARA RECOLLER O PREMIO CONCEDIDO AO CENTRO, POLA SÚA PARTICIPACIÓN NA CONVOCATORIA DE PREMIOS RAMÓN PUGA DA DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO E SEGURIDADE VIAL, NO APARTADO: "EDUCACIÓN VIAL A TRAVÉS DO TEATRO"; COA SÚA OBRA REPRESENTADA NO FESTIVAL DE FIN DE CURSO: "SOÑANDO CONTOS"
video

xoves, 22 de outubro de 2015

RECURSOS PARA O SAMAIN

A COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA GALEGA NA SÚA PÁXINA WEB E NO APARTADO DE RECURSOS HAI UN PAQUETE DE ACTIVIDADES, ÁS QUE SE PODE ACCEDER DENDE A SEGUINTE IMAXE.

ADEMAIS, A MESTRA DE MÚSICA REALIZOU UNHA SELECCIÓN A TRAVÉS DA REDE DE VÍDEOS MUSICAIS PARA CANTAR NESTAS DATAS.

video

video

video

video

video

PREPARANDO O SAMAIN

PERICO E PIRULETA ESTÁN A TRABALLAR MOITO NESTES DÍAS, PREPARANDO UNHA BOA FESTA PARA QUE, AO LONGO DA VINDEIRA SEMANA, ENTREDES TODOS NA BIBLIOTECA A SENTIR O SAMAIN. E TAMÉN PARA ANIMAROS A QUE PARTICIPEDES NA DECORACIÓN DO CENTRO E NAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS.







mércores, 21 de outubro de 2015

AGASALLOS PARA A NOSA BIBLIOTECA


Nestes días a Biblioteca está de sorte, chegaron ao centro dous agasallos:

* A nai dun alumno do Centro trouxo un préstamo do que estamos disfrutando estes días, trátase dun conto que nos achega ao mundo do Síndrome de Dravet. Aquí vos queda a referencia por se alguén quere ler a historia. 



* E dende a biblioteca do centro Perico e Piruleta dan as grazas ao IES “As Barxas” Moaña por ter o detalle de enviarnos o libro “Barxilón no mar do latón”, encantanos o libro compañeiros, ánimo co voso proxecto.



mércores, 14 de outubro de 2015

LECTURAS PARA O OUTONO

DENDE A BIBLIOTECA, PERICO E PIRULETA FAN AS SEGUINTES RECOMENDACIÓN PARA TRABALLAR O OUTONO E AS SÚAS FESTAS:

video


venres, 9 de outubro de 2015

DÍA MUNDIAL DA PARALISE CEREBRAL

O PASADO MÉRCORES, DÍA 7 DE OUTUBRO, COMA CADA ANO O PRIMEIRO MÉRCORES DO MES DE OUTUBRO, CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DA PARALISE CEREBRAL. E NO CEE MIÑO FESTEXOUXE CUN SELFIE NA PRAZA DAS POMBAS.

COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEE MIÑO CURSO 2015-2016

DENDE O EQUIPO DAS TICS DO CEE MIÑO ELABOROUSE O SEGUINTE VÍDEO PARA DAR A BENVIDA AO NOVO CURSO E PRESENTAR A COMUNIDADE E QUE O FORMA, ASÍ COMO A BENVIDA AOS NOVOS MEMBROS.

video

xoves, 10 de setembro de 2015

BENVIDA AO CURSO 2015-2016


video


video


video

DESPOIS DUN TEMPO DE DESCANSO, PERICO E PIRULETA XA ESTÁN DE VOLTA PARA DAR A BENVIDA A UN NOVO CURSO E ACOMPAÑAR A VOSA ANDAINA.
ESTE CURSO O FÍO CONDUTOR DA PROGRAMACIÓN DO CENTRO VAI SER: "DAS NOSAS PLANTAS FLORECEN CONTOS" 
E PARA IR COMENZANDO UNHA MOSTRA, CRACIÓN DUNHA BOLBORETA CON FOLLAS DUN GINKGO BILOBA:



mércores, 1 de xullo de 2015

FESTIVAL E GRADUACIÓNS 2015

O PASADO DÍA 19 DE XUÑO, NO CEE MIÑO, CELEBROUSE O FESTIVAL FIN DE CURSO E LEVOUSE A CABO A ENTREGA DE DIPLOMAS AOS GRADUADOS DESTE CURSO. ESTE ANO O TEMA DO FESTIVAL XIROU ARREDOR DOS CONTOS E O MUNDO DOS SOÑOS, CO TÍTULO: "SOÑANDO CONTOS" . 
A CONTINUACIÓN UNHA GALERÍA DE FOTOS E OS VÍDEOS DESTE ACTO.
BOAS VACACIÓNS E BO VERÁN!!

video

video

video


video






domingo, 21 de xuño de 2015

O NOSO XORNAL: "COUSIÑAS" 2015

COMA CADA ANO DEIXAMOS AQUÍ A PUBLICACIÓN DO NOSO XORNAL: "COUSIÑAS", EN FORMATO DIXITAL.
O ALUMNADO LEVOU UN EXEMPLAR IMPRESO O PASADO VENRES.

mércores, 3 de xuño de 2015

SAÍDA AO PARQUE DE TRÁFICO INFANTIL

O PASADO XOVES, DÍA 28 DE MAIO, UN GRUPO DO ALUMNADO DO CENTRO PARTICIPOU NA ACTIVIDADE DE  SEGURIDADE VÍAL NO PARQUE MÓBIL DE TRÁFICO INFANTIL ESTABLECIDO EN EXPOURENSE. 
A CONTINUACIÓN UNHA MOSTRA DO BEN QUE O PASARON.


video


luns, 1 de xuño de 2015

ACTO LETRAS GALEGAS

O PASADO DÍA 21 DE MAIO CELEBROUSE NO CEE MIÑO UN ACTO PARA FESTEXAR O DÍA DA NOSA LINGUA. 
PRESENTOUSE  A BIOGRAFÍA DE XOSÉ FILGUEIRA CON PICTOGRAMAS, RECITÁRONSE DOUS POEMAS DO AUTOR, A OBRA DE TEATRO "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS" (Obra de Casares que foi motor de motivación de todas as actividades complementarias celebradas ao longo do curso no centro, dando remate coa súa escenificación) E COMO REMATE DO ACTO O "BAILE DAS FROITAS", SENDO TAMÉN O PUNTO FINAL DA TAREFA REALIZADA AO LONGO DOS ÚLTIMOS TRIMESTRES (Saboreando as froitas) PROPOSTA POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA (EDLG).
A CONTINUACIÓN COMA SEMPRE UN RESUMO FOTOGRÁFICO.
video

video

luns, 25 de maio de 2015

A SAÍDA AO AUDITORIO EN FOTOS

A NENA E GRILO NO PAÍS DAS APERTAS

O PASADO MARTES, DÍA 19 DE MAIO, UN GRUPO DO ALUMNADO DO CENTRO FOI AO AUDITORIO PARA VER A ESCENIFICACIÓN DO GRUPO A NENA E O GRILO: “NO PAÍS DAS APERTAS”. A CONTINUACIÓN, COMA SEMPRE, O RESUMO FOTOGRÁFICO.



martes, 19 de maio de 2015

EXPOSICIÓN LIBROS EN GALEGO NA BIBLIOTECA

PERICO E PIRULETA INVÍTANVOS A VISITAR A SÚA EXPOSICIÓN DE LIBROS EN GALEGO. AGÁRDANVOS NA BIBLIOTECA PARA QUE PASEDES UN ANACO DIVERTIDO COAS SÚAS LECTURAS.


venres, 15 de maio de 2015

ACTIVIDADES SOBRE XOSÉ FILGUEIRA VALDERDE

EN CADA UNHA DAS IMAXES PÓDENSE ATOPAR ACTIVIDADES SOBRE O AUTOR DAS LETRAS GALEGAS DESTE ANO 2015




xoves, 14 de maio de 2015

PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2015

AO TEATRO

O VINDEIRO MARTES, DÍA 19 DE MAIO, UN GRUPO DO ALUMNADO DO CENTRO ACUDIRÁ AO AUDITORIO PARA VER UNHA ACTUACIÓN DO GRUPO "A NENA E O GRILO". FACENDO CLIC NA IMAXE PÓDESE ACCEDER Á SÚA PÁXINA ONDE SE PODE ATOPAR INFORMACIÓN E UNHA UNIDADE DIDÁCTICA PARA TRABALLAR PREVIAMENTE. 
A DISFRUTALO!!