domingo, 22 de xuño de 2014

COUSIÑAS 2014

   O venres, día 20 de xuño, co remate do curso repartíuselle ao alumnado e aos membros da Comunidade Educativa que o pediron, “COUSIÑAS”, o Xornal Escolar, que coma cada ano, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEE Miño elabora, cun resumo fotográfico do acontecido no Centro ao longo do curso, e tamén unha mostra dalgúns traballiños do alumnado; en formato impreso.
   Hoxe, dende o Recuncho de Perico, en formato dixital para o mundo.
   A pasalo moi ben coa súa lectura.

xoves, 19 de xuño de 2014

XORNADA PORTAS ABERTAS

   Onte, día 17 de xuño, celebrouse no Centro a Xornada de Portas Abertas, que se ven celebrando cada dous anos. E neste ano cun motivo máis de ledicia e ilusión, pois celébrase o 30 aniversario do CEE. Este día comezou co recibimento do profesorado e familia do alumnado doutros centros, cun precioso mural alusivo, un vídeo elaborado pola Directora no que se presenta o Centro coas dependencias e tarefas a realizar polo alumnado e persoal tanto docente coma non docente e sanitario.


ONTE POLA MAÑA, O CEE MIÑO RECIBIU A COMUNIDADE EDUCATIVA CON ESTA NOTA DE COR E MESAXE, NO SEU 30 ANIVERSARIO
GRAZAS A NOSA COMPAÑEIRA  ANALU
GRAZAS POLO SEU TEMPO
GRAZAS POLA SÚA OBRA
GRAZAS POR ESTE MURAL DE ANIVERSARIO
E…
GRAZAS SEN FIN, POR TODOS OS MURAIS QUE AXUDAN A ILUSTRAR CADA FESTIVIDADE QUE SE CELEBRA NO CENTRO. 

Facendoo clic no seguinte link pódese ver o vídeo de presentación:



   A continuación a presentación sobre a visita que a Garda Civil de Tráfico realizou cos seus coches e motos para esta xornada de convivencia, que ao final só foi para o alumnado do Centro por mor de que só acudiu o profesorado doutros centros.





venres, 13 de xuño de 2014

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O alumnado do PCPI, o pasado mércores día 11, realizou unha excursión de fin de curso a Monforte en autobus, onde os agardaba o alumnado do CEE Infanta Elena para levar a cabo unha ruta turística conxunta, con guía, polos lugares máis característicos da vila. Ao seu remate, invitados por o Centro Infanta Elena, o alumnado comeu con estes novos amigos, onde despois xogaron todos xuntos no patio ata a hora de regreso a Ourense. De camiño pararon a tomar un xeado no parque a beira do Río Cabe. 
Dende aquí o agradecemento ao CEE Infanta Elena pola acollida no seu Centro e por compartir esta actividade de coñecemento da vila monfortina e ao seu guía pola súa paciencia e adaptación da información ao alumnado. GRAZAS!!!

venres, 6 de xuño de 2014

XORNADA DE INTERCAMBIO

O pasado martes, día 3 de xuño, levouse a cabo unha XORNADA DE INTERCAMBIO co alumando do CIFP Portovello do 1º curso do Ciclo Formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, que compartiron co alumnado unha xornada de talleres: conto, caixa sorpresa de texturas, texturas e cheiro, crear e pintar con froita, texturas e formas.
O Centro agradece esta xornada de intercambios compartidos. Parabéns a todos os membros deste ciclo formativo!!

xoves, 5 de xuño de 2014

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO CEE MIÑO

Cun chisco de retraso, publícase a carta e o programa que a directora remitiu, vía e-mail aos distintos centros e as familias para a xornada de convivencia que se vai celebrar no centro o vindeiro día 17 de xuño.
Agárdase sexa un bo día para toda a comunidade educativa.