luns, 27 de xaneiro de 2014

CHARLA SOBRE IGUALDADE DE SEXOS

O pasado xoves, día 23 de xaneiro, levouse a cabo no Centro unha actividade sobre a igualdade entre sexos ofertada polo Concello.
A continuación unha mostra deste evento:


mércores, 22 de xaneiro de 2014

CORRE ,CORRE CABACIÑA (A NOSA ADAPTACIÓN)

Ao longo do primeiro trimestre e a proposta do Equipo  de  Biblioteca, entre o alumnado, coa axuda do profesorado, levouse a cabo a adaptación do conto “Corre, corre Cabaciña” de Eva Mejuto, editado por OQO.  Cada aula elaborou dúas páxinas do libro, adaptando tanto o texto, con pictogramas, coma as imaxes con distintas texturas.

O resultado na seguinte presentación.


TAREFAS TALLERES 1º TRIMESTRE

Na seguinte presentación amósase unha mostra das tarefas levadas a cabo nos talleres que funcionan no Centro ao longo do 1º Trimestre.




venres, 17 de xaneiro de 2014

DÍA DA PAZ

O vindeiro día 30 xaneiro, como cada ano celébrase o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA, e dende o Equipo das Tics achéganse algúns recursos atopados na rede, para ir traballando esta data.


















LECTURAS RECOMENDADAS PARA A PAZ

Neste mes, en concreto o día 30, celébrase o Día da Paz e non violencia, tema transversal que se aconsella ir traballando nos días previos nas aulas, e para ir comezando, Perico e Piruleta fan de novo unha selección de lecturas que se  atopan na Biblioteca do Centro.



O INVERNO

Ademáis das recomendación que fan Perico e Piruleta, dende o Equipo de Tics deixamos unha selección de recursos para traballar a estación do inverno, atopados en you tube, google e sobre todo no blog dos nosos compañeiros doutro centro de Educación Especial,  Ferrol Terra co su blog "Aula Tic"  que está a ser unha fonte de recursos. Grazas compañeiros pola vosa estupenda labor. As fichas son  unha selección do blog "miscosasdemaestra" tamén moitas grazas por compartir.



https://docs.google.com/presentation/d/1dMWXz1Y9T924eoj9m4Yw5009kLMVIOWbzG1cBB6rpOY/edit?usp=sharing

xoves, 16 de xaneiro de 2014

LECTURAS RECOMENDADAS

Xa chegou o inverno e o comezo dun novo trimestre. E para comezar moi contentos, Perico e Piruleta fan as seguintes recomendación de lecturas, que podedes atopar na Biblioteca do Centro.
Animádevos a facer unha visita que ademais dos libros para traballar esta estación tamén podedes atopar outras lecturas divertidas e interesantes.
Boa viaxe polo mundo das letras e a imaxinación, a diversión e aprendizaxes están garantidas.


xoves, 9 de xaneiro de 2014

xoves, 2 de xaneiro de 2014

VISITA DE PAPÁ NOEL

O día 19 de decembro pola tarde, como ven sendo habitual cada ano, chegou a carroza de Papá Noel ao Centro cargada de agasallos para o noso alumnado. Actividade organizada pola ANPA do Centro, cada membro do alumnado recibe o seu correspondente agasallo previa petición mediante carta dirixida a Papá Noel.
A continuación a correspondente reportaxe do evento.


PHOTOCALL CON PAPÁ NOEL E RODOLFO O RENO

O día 19 de decembro pola mañá, levouse a cabo unha actividade de Photocall, que o alumnado do PCPI xunto coa titora e a adxunta de taller elaboraron para que todos os membros da nosa comunidade educativa tiveran un recordo simpático deste Nadal.
A continuación un resumo desta actividade:

CHEGAN OS PAXES DOS REIS MAGOS

O día 19 de decembro pola mañá, os paxes dos Reis Magos pasaron polas aulas para recoller as cartas que o alumnado lles escribiu.
A continuación unha mostra desta actividade.