luns, 31 de marzo de 2014

SAÍDA AO AUDITORIO

Hoxe un grupo do alumnado do CEE Miño, acudiu ao Auditorio para ver a obra de música "Odaiko vaia circo"






NOVAS CREACIÓNS

Por fin xa temos a vosa disposición dúas novas creacións:
 "As pólas da nosa árbore" un libro que recolle nas súas páxinas a visión da primavera segundo o alumnado de cada aula.
  "Exploramos produtos do noso horto", un libro moi especial elaborado entre dous talleres, Exploramos cos sentidos e Os contos, é un libro axuda para o traballo con produtos do horto, consta dunha parte manipulativa para o repaso dos produtos traballados,emparellando produto, palabra e pictograma; logo ten unha parte na que están gardados os aromas de cada produto. Para traballar con el, primeiro mostrase o produto real (laranxa, fresa, lavanda,..), logo de tocalo pasase ao sabor, ben comendo si se trata dun froito, ou bebendo en infusión si se trata dunha planta; logo pasase ao cheiro cun aromatizador. Agardamos sexa de utilidade e agrado. 




xoves, 27 de marzo de 2014

LECTURAS RECOMENDADAS PARA A PRIMAVERA

Libros e materiais que se poden atopar na Biblioteca do Centro para traballar a estación da primavera.
A continuación unha motra dos libros, e tamén un exemplo de como o alumnado da Aula 1 traballa na Biblioteca con estos materiais.





video

mércores, 26 de marzo de 2014

martes, 25 de marzo de 2014

SAÍDA AO AUDITORIO

OBRA DE TEATRO: “BON APPÉTIT"

     Onte un grupo do alumnado do Cee Miño acudiu ao Auditorio para ver a obra de teatro “Bon appétit” do grupo de teatro Os Ghadafelhos.




sábado, 22 de marzo de 2014

21 DE MARZO: UN GRAN DÍA NO CEE MIÑO

Hoxe foi un día moi especial. Un día de celebracións. Primeiro como xa sabemos nesta data faise homenaxe a todas as persoas con Síndrome de Down, o Día da Poesía, e celébrase a chegada dunha nova estación: A Primavera.
Deixamos unha mostra destas celebracións, para o Síndrome de Down, un vídeo que foi publicado en you tube de "Sumate al futuro", e ademais no Centro levouse a cabo unha actividade que tratou de englobar as tres festividades.
A proposta da titora do PCPI e Adxunta de taller, en colaboración cos Coordinadores do Proxecto Voz Natura, de Actividades Extraescolares, Multisensorial e Tics, cada aula elaborou ao longo da semana un testo con materiais de reciclaxe, botellas e briks de leite con pinzas, nas que hoxe na praza das pombas plantaron plantas, bulbos, sementes de xirasol e cabaza. E mentres escoitaron as canción xa publicadas no blog e un vídeo da plantación de bulbos que o alumnado do PCPI fixera. 
Agora só queda unha imaxe, logo, coma se ven facendo, plublicaremos a galería de fotos do proceso. E na vindeira semana levaranse a cabo actividades referidas a estas festas no Encerado Dixital (EDI)

video






martes, 18 de marzo de 2014

CHEGA A PRIMAVERA

O vindeiro xoves dámoslle a benvida a nova estación, a PRIMAVERA, e no CEE Miño imos recibila enchendo as ventás das nosas aulas de plantas. 
O alumnado está a decorar macetas nas que o venres van por unha plantiñas que logo coidaran con moito cariño. 
Mentres, unhas fichas e uns vídeos, para ir motivando.


video


video


video


video


video

venres, 7 de marzo de 2014

DÍA DA MULLER

Mañá día 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller. 
PARABÉNS PARA TODAS ELAS!!
E tamén para traballar tanto dende as aulas coma dende as familias este tema, deixamos a seguinte dirección doutro blog no que se poden atopar actividades interesantes:

http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/ 




xoves, 6 de marzo de 2014

sábado, 1 de marzo de 2014

SEMANA DE ENTROIDO

A continuación un resumo de como se preparou e traballou o Entroido no centro. 
Na seguinte achegarase o resumo da festa. O tema da festa deste ano foron "Os oficios":
video

Poema recitado polo alumnado do 3º Ciclo con apoio da seguinte presentación:
video

Canción que acompañou o desfile do alumnado do 1º Ciclo, disfrazados do oficio de pintores.

video

Canción que acompañou o desfile do alumnado do 2º Ciclo, disfrazados do oficio de bombeiros.

video
Presentación con fotos e canción "o galo canta" que acompañou o desfile do alumnado do 3º Ciclo, disfrazados do oficio de xardineiros.

video