martes, 25 de febreiro de 2014

PROGRAMA ENTROIDO 2014

COMPADRES E COMADRES

Onte pola mañá, nas primeiras sesións, levouse a cabo no centro, con monitor do Concello, a elaboración de Compadres e Comadres. Participando nesta actividade o alumnado das aulas 3, 4 e 10. 






luns, 24 de febreiro de 2014

ROSALIA DE CASTRO

Hoxe, día 24 de febreiro, é o aniversario do nacemento da escritora galega, Rosalia de Castro. En homenaxe Perico e Piruleta achegan uns vídeos de You Tube, para recordar a súa biografía e algún dos seus poemas.
video

video
video




martes, 18 de febreiro de 2014

LETRAS GALEGAS 2014


Hoxe, 19 de febreiro, celébrase o Centenario do  nacemento de Xosé María Díaz Castro, escritor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, e dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística achegan un enlace onde podemos atopar información e actividades sobre este personaxe da literatura galega.

http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro

Segundo vaian xurdindo novas iremos facendo achegas


SÍNDROME DE ASPERGER

Hoxe, 18 de febreiro, celebrase o día do Síndrome de Asperger
Compartimos imaxes do blog de Anabel Conargo, El Sonido de la hierba al crecer.
E un corto premiado co Goya: "Cuerdas" que tamén ten relación co tema.



video









OS NOSOS TRABALLIÑOS DE ENTROIDO DE CURSOS PASADOS

Para que lembremos o que na nosa Biblioteca podemos facer para celebrar estas datas.

video


video




luns, 17 de febreiro de 2014

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR OS OFICIOS

Como este ano o tema do Entroido no Centro vai ser "OS OFICIOS", Perico e Piruleta deíxanvos o enlace a unha páxina con moitas ideas e actividades para traballar o tema.


martes, 11 de febreiro de 2014

ENTROIDO 2014

PREPARANDO O ENTROIDO 2014
O domingo, día 9 de febreiro, Domingo Fareleiro, arrancou a preparación para o día grande, Domingo de Entroido, o 2 de marzo.
E dende a Biblioteca, Perico e Piruleta, coa axuda do Equipo de Tics, déixanvos consellos de lectura, dúas actividades que elaboraron dúas mestras do Centro ("Teo se disfraza" de Conchi Irago e "Entroido 2014" de Conchi Santos), algunhas ideas recollidas da rede e tamén enlaces, para ir festexando estas datas.





video
video

video

video
video





xoves, 6 de febreiro de 2014

CONTACONTOS NO CEE MIÑO

Este martes, día 4 de febreiro, levouse a cabo a actividade "Contacontos" ofertada polo concello. Veu unha monitora para completar otra actividade, tamén do concello, sobre animación a lectura a través dos Cómics. 
Xa falamos dela noutra entrada, Ti escribes, eu debuxo". E o martes foi a escenificación dun cómic no que a monitora fixo participar ao alumnado, converténdoos en Super Heroes. Pasamos unha sesión entretida e divertida.
Coma sempre, a continuación queda unha mostra:

video

luns, 3 de febreiro de 2014

CALENDARIO 2014

Aínda que un chisco tarde, aquí vos deixo o noso Almanaque 2014, en verxión dixital, por se alguén non puido mercalo.

DÍA DA PAZ 2014

No CEE Miño celebrouse o Día da Paz o día 30 de xaneiro, como se ven facendo cada ano. O acto constou de tres partes:

1º Cada aula colocou o seu mandala, que cada titora foi elaborando ao longo da semana co seu alumnado, na árbore que previamente a mestra Analu pintara. E así quedou o noso mural da Paz 2014:
2º Un grupo do alumnado do 3º ciclo recitou o poema “Desexos de Paz” apoiados por imaxes e pictogramas que o Equipo de Tics adaptou.
video
3º Elisa cantou a canción “Paz y Amor” de Gisela, tamén apoiada por unha montaxe de fotográfica do alumnado representando accións relacionadas coa Paz.
video
Resumo fotográfico deste acto na seguinte presentación:
video

Nas aulas de Audición e Linguaxe realizouse a árbore das Sementes da Paz




domingo, 2 de febreiro de 2014

TI ESCRIBES EU DEBUXO

O xoves, 30 de xaneiro, foi un día grande no CEE Miño, a primeira hora veu Sabela para realizar na Biblioteca a actividade de animación a lectura solicitada, que este curso leva o título “Ti escribes eu debuxo”, en formato cómic. E na última hora celebración do día da Paz.
O alumnado participa na elaboración dun cómic xigante, que se realiza entre os centros da cidade que solicitaron esta actividade.

A continuación pódese ver como se desenvolveu esta actividade, e as ilustracións que realizaron para a páxina do cómic.
video