xoves, 4 de decembro de 2014

VÍDEO DE OUTONO


O  Equipo das Tics do noso Centro elaborou o seguinte vídeo con fotografías do Equipo, pictogramas de Arasaac e a música "Otoño" de Vivaldi; para traballar relaxación, cores e algún vocabulario da estación do outono.

video

No seguinte link pódese acceder a versión de mellor calidade deste mesmo vídeo.


venres, 28 de novembro de 2014

RECURSOS PARA NADAL

PERICO E PIRULETA DÉIXANVOS UNHA SELECCIÓN DE LINKS NOS QUE PODEDES ATOPAR IDEAS PARA TRABALLAR AS VINDEIRAS FESTA DE NADAL. AGARDANDO SEXAN DE UTILIDADE.
















CONTACONTOS NO CEE MIÑO

O VINDEIRO LUNS CELEBRARASE NO CENTRO UNHA  DAS ACTIVIDADES OFERTADAS POLO CONCELLO: "DÁLLE FORMA AOS TEUS CONTOS"

Trátase de motivar ao profesorado e ao alumnado para que realicen un álbum ilustrado-forma. Libros de formatos especiais e coa temática da campaña .
Neste curso: 
A temática sobre a que xirarán os libros é o “Libro das marabillas”: Marco Polo ansiaba  viaxar a estraños lugares, con terribles animais de dúas cabezas, homes de ollos resgados falando en linguas incomprensibles , feroces guerreiros máis altos que a torre dunha igrexa e sobre todo : a neve. “Un manto branco e xeado que cae dende o ceo á terra e desfaise nas mans , deixándote o frío dentro do corpo”
É unha actividade de creación que implica a invención dun conto e a súa realización plástica.
Unha animadora percorrerá as aulas para facer un primeiro achegamento ao traballo, cunha sesión lúdica de escoita e participación nunha contada, motivando os rapaces para a creación do libro e orientando ao profesorado na elección da temática e materiais a empregar; ofrecendo unha ampla gama de libros-forma, para que poidan elixir o que máis se adapte ás necesidades do seu alumnado  e do seu centro educativo.
Os libros forma resultantes serán expostos na XXVI Exposición de Animación á Lectura.


xoves, 20 de novembro de 2014

DÍA DO NENO


"O DÍA DO NENO" É UNHA XORNADA DEDICADA AOS NENOS, NA QUE NON SÓ SE TRATA DE FESTEXALOS, SENÓN TAMÉN DE PROMOVER OS SEUS DEREITOS E CONCIENCIAR ÁS PERSOAS DA IMPORTANCIA DESTES.
A IDEA DE FESTEXAR O “DÍA DO NENO” XURDIU O 20 DE NOVEMBRO DE 1959, CANDO A ASEMBLEA XERAL DA ONU TIVO UNHA REUNIÓN NA QUE DECIDIU REAFIRMAR OS DEREITOS DOS NENOS UNIVERSALMENTE.
DESDE AQUELA, CADA PAÍS CONTA CON UN DÍA PARA CELEBRAR E ORGANIZAR ACTIVIDADES PARA AXUDAR A DESENVOLVER O BENESTAR DOS CATIVOS EN TODO O PLANETA.

EN MOITOS PAÍSES VARÍA A DATA DA CELEBRACIÓN, PERO É O 20 DE NOVEMBRO CANDO SE CELEBRA MUNDIALMENTE.
(Información tirada da Galipedia)


luns, 17 de novembro de 2014

VÍDEO DO ALUMNADO NO AUDITORIO

LEMBRADES? 
O PASADO DÍA 12 O NOSO ALUMNADO ACUDÍA AO AUDITORIO PARA VER UNHA OBRA DE TEATRO MUSICAL, "O COCIDO SINFÓNICO", EIQUI DEIXAMOS UNHA MOSTRA DO ACONTECIDO:
video


venres, 14 de novembro de 2014

O NOSO MAGOSTO 2014

O PASADO VENRES, DÍA 7 DE NOVEMBRO, CELEBROUSE O MAGOSTO NO CENTRO. 
O PROFESORADO DO CENTRO ORGANIZOU UNHA XORNADA DE XOGOS, NA QUE TODO O ALUMNADO, POR AULAS, FOI ROTANDO POR CADA XOGO (ESTIMULACIÓN, PESCA A CASTAÑA, ENCESTA A CASTAÑA, BUSCA A CASTAÑA E PINTA CON CARBÓN), COA COLABORACIÓN DE TODO O PERSOAL DA COMUNIDADE EDUCATIVA, AGÁS AS AULAS 5 E 6 QUE PERMANECERON  NO SALÓN DAS CORES COS XOGOS DE ESTIMULACIÓN. 
O REMATE DA FESTA LEVOUSE A CABO NO XIMNASIO, POR MOR DA CLIMATOLOXÍA, COA PIÑATA QUE CADA AULA ELABOROU AO LONGO DA SEMANA, QUE NESTE ANO O TEMA FOI A OBRA DE CARLOS CASARES "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS"
A CONTINUACIÓN UNHA MOSTRA DESTA XORNADA.


video


martes, 4 de novembro de 2014

PREPARANDO O MAGOSTO 2014


XA CHEGOU NOVEMBRO, O VENTO, A CHOIVA E...AS CASTAÑAS!!!
E COAS CASTAÑAS A SÚA FESTA, O MAGOSTO. 
NESTA SEMANA O ALUMNADO DO CENTRO ESTÁ PREPARANDO OS XOGOS E PIÑATAS PARA A GRAN CELEBRACIÓN O PRÓXIMO VENRES, DÍA 7. MENTRES AGARDAMOS PARA PRESENTAR ESTES TRABALLIÑOS, IMOS DEIXAR EIQUI UNHA SELECCIÓN DE VÍDEOS ATOPADOS NA REDE E QUE FORON ELABORADOS POR OUTROS COMPAÑEIROS DO ENSINO E QUE COMPARTIMOS.
E DENDE O BLOG DOS COMPAÑEIROS DO TERRA DE FERROL PODEDES ATOPAR MONTÓNS DE RECURSOS:
http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/p/recursos-magosto.html


video


video


video


video


video


video



domingo, 2 de novembro de 2014

SAMAIN 2014

VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO SAMAÍN NO CEE MIÑO

video


   Este vídeo foi elaborado coas fotos do curso anterior, motivo polo que aparecen nel alumnado e profesorado que neste curso xa non forma parte da comunidade educativa do centro.
    En breve publicarase un resumo da actividade deste curso.

xoves, 30 de outubro de 2014

MAÑÁ FESTA DE MEDO NO CENTRO


Chega o outono e con el as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as abóboras; chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno, vaise e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín.
Samaín, palabra gaélica, significa fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outro mundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, os ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.
A DESCANSAR PARA MAÑÁ BAILAR E BRINCAR COAS BRUXAS DO SAMAÍN!!!


luns, 27 de outubro de 2014

xoves, 23 de outubro de 2014

24 DE OUTUBRO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS


MAÑA, DÍA 24 DE OUTUBRO, CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS, DENDE A CONSELLERÍA OFRECESE INFORMACIÓN QUE NOS ACHEGAMOS AO CLICAR NO CARTEL.


mércores, 8 de outubro de 2014

NO OUTONO LEMOS

NA SEGUINTE PRESENTACIÓN  ATÓPANSE AS LECTURAS RECOMENDADAS POR PERICO E PIRULETA PARA O OUTONO.
video


luns, 29 de setembro de 2014

SAÍDA AO TEATRO



O VINDEIRO MÉRCORES DÍA 1 DE OUTUBRO UN GRUPO DO ALUMNADO DO CENTRO VAI FACER A SÚA PRIMEIRA SAÍDA DO CURSO, IRÁN AO TEATRO PRINCIPAL, VER A OBRA DE TEATRO "AS LANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS" DE CARLOS CASARES.



NO SEGUINTE ENLACE PÓDESE ATOPAR TODA A INFORMACIÓN SOBRE A OBRA, ASÍ COMA A SÚA GUÍA DIDÁCTICA PARA TRABALLAR, TANTO NA AULA COMA NA CASA.

http://aslaranxasmaislaranxasdetodasaslaranxas.wordpress.com/

A PASALO MOOI BEN E APRENDER MOITO!!!

martes, 9 de setembro de 2014

BENVIDA AO CURSO 2014/2015

Perico e Piruleta xunto co Equipo das Tics danvos a benvida ao curso 2014/2015, co seguinte vídeo



video

sábado, 5 de xullo de 2014

FESTIVAL FIN DE CURSO 2014

Cun chisco de retraso chegan as novas de fin de curso.
Este ano a fin de curso, como xa se foi informando en entradas anteriores, estivo ateigada de emocións. Coma sempre, o remate de curso coa súa festa e a despedida dos graduados, mais este ano engadíuselle a celebración do 30 Aniversario.
Así o día 20 de xuño, coincidindo co último día lectivo para o alumnado, celebrouse o acto do Festival  Fin de Curso, comezando segundo o programa, coa acollida ás familias e autoridades coa presentación de tres vídeos, un que resume os 30 anos de Intervención Educativa Especializada, outro que complementa ao do 2012 no  que se presenta un día na vida do alumnado no centro, e por último un resumo fotográfico deste curso.

Para velos hai que ir aos seguintes  enlaces:

https://www.dropbox.com/s/5vey4q22agduclj/30%20aniversario%202-HD%20%28720p%29.m4v

https://www.dropbox.com/s/ep1jsvy8epmucbb/Velle%202014.mov

https://www.dropbox.com/s/y5njjjx8w1476hi/VELLE%2013-14%20.m4v


E na seguinte revista aparecen os textos que serviron de guía e presentación a cada actuación:

Este curso o festival xirou arredor da Música que, en cada unha das súas formas, levou o acto cara a un SENDEIRO DE LEDICIA

domingo, 22 de xuño de 2014

COUSIÑAS 2014

   O venres, día 20 de xuño, co remate do curso repartíuselle ao alumnado e aos membros da Comunidade Educativa que o pediron, “COUSIÑAS”, o Xornal Escolar, que coma cada ano, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEE Miño elabora, cun resumo fotográfico do acontecido no Centro ao longo do curso, e tamén unha mostra dalgúns traballiños do alumnado; en formato impreso.
   Hoxe, dende o Recuncho de Perico, en formato dixital para o mundo.
   A pasalo moi ben coa súa lectura.

xoves, 19 de xuño de 2014

XORNADA PORTAS ABERTAS

   Onte, día 17 de xuño, celebrouse no Centro a Xornada de Portas Abertas, que se ven celebrando cada dous anos. E neste ano cun motivo máis de ledicia e ilusión, pois celébrase o 30 aniversario do CEE. Este día comezou co recibimento do profesorado e familia do alumnado doutros centros, cun precioso mural alusivo, un vídeo elaborado pola Directora no que se presenta o Centro coas dependencias e tarefas a realizar polo alumnado e persoal tanto docente coma non docente e sanitario.


ONTE POLA MAÑA, O CEE MIÑO RECIBIU A COMUNIDADE EDUCATIVA CON ESTA NOTA DE COR E MESAXE, NO SEU 30 ANIVERSARIO
GRAZAS A NOSA COMPAÑEIRA  ANALU
GRAZAS POLO SEU TEMPO
GRAZAS POLA SÚA OBRA
GRAZAS POR ESTE MURAL DE ANIVERSARIO
E…
GRAZAS SEN FIN, POR TODOS OS MURAIS QUE AXUDAN A ILUSTRAR CADA FESTIVIDADE QUE SE CELEBRA NO CENTRO. 

Facendoo clic no seguinte link pódese ver o vídeo de presentación:



   A continuación a presentación sobre a visita que a Garda Civil de Tráfico realizou cos seus coches e motos para esta xornada de convivencia, que ao final só foi para o alumnado do Centro por mor de que só acudiu o profesorado doutros centros.





venres, 13 de xuño de 2014

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O alumnado do PCPI, o pasado mércores día 11, realizou unha excursión de fin de curso a Monforte en autobus, onde os agardaba o alumnado do CEE Infanta Elena para levar a cabo unha ruta turística conxunta, con guía, polos lugares máis característicos da vila. Ao seu remate, invitados por o Centro Infanta Elena, o alumnado comeu con estes novos amigos, onde despois xogaron todos xuntos no patio ata a hora de regreso a Ourense. De camiño pararon a tomar un xeado no parque a beira do Río Cabe. 
Dende aquí o agradecemento ao CEE Infanta Elena pola acollida no seu Centro e por compartir esta actividade de coñecemento da vila monfortina e ao seu guía pola súa paciencia e adaptación da información ao alumnado. GRAZAS!!!

venres, 6 de xuño de 2014

XORNADA DE INTERCAMBIO

O pasado martes, día 3 de xuño, levouse a cabo unha XORNADA DE INTERCAMBIO co alumando do CIFP Portovello do 1º curso do Ciclo Formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, que compartiron co alumnado unha xornada de talleres: conto, caixa sorpresa de texturas, texturas e cheiro, crear e pintar con froita, texturas e formas.
O Centro agradece esta xornada de intercambios compartidos. Parabéns a todos os membros deste ciclo formativo!!

xoves, 5 de xuño de 2014

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO CEE MIÑO

Cun chisco de retraso, publícase a carta e o programa que a directora remitiu, vía e-mail aos distintos centros e as familias para a xornada de convivencia que se vai celebrar no centro o vindeiro día 17 de xuño.
Agárdase sexa un bo día para toda a comunidade educativa.

mércores, 28 de maio de 2014

TAREFAS NO EDI SOBRE AS FERRAMENTAS E VISITA Á EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA

Durante a Semana das Letras Galegas leváronse a cabo actividades no EDI sobre as ferramentas que estiveron expostas na Biblioteca. A continuación pódese ver unha mostra destas actividades.


video



xoves, 22 de maio de 2014

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Onte o alumnado do 3º Ciclo do CEE Miño visitou a Biblioteca Municipal da Ponte, nunha actividade concedida polo Concello dentro do seu programa de Animación á Lectura.



ACTO LETRAS GALEGAS 2014

O pasado día 16 celebrouse no centro, o día das Letras Galegas, este ano dedicado a Xosé María Díaz Castro, como peche das actividades levadas a cabo ao longo da semana das Nosas Letras; como xa estaba reflectido no programa.
A continuación engádese unha presentación do acto en imaxes e o enlace para ver o vídeo, tamén as presentacións que serviron de axuda ao alumnado para o recitado dos poemas (que foron adaptados con pictogramas e as voces pola mestra de Audición e Linguaxe, Sonia) e unha presentación de como se constrúe un angazo (unha das ferramentas da exposición) coa colaboración do educador e a titora do PCPI.

video


video

video

video

video



ACTO LETRAS GALEGAS 2014 - Movie Maker

No seguinte enlace pódese ver o vídeo deste acto:

https://www.dropbox.com/s/rtcu4eyod39psxw/Festival%20Letras%20Galegas%20%20maio%202014.mov