xoves, 19 de decembro de 2013

VISITA CORO CPI TOMÁS DE LEMOS

Hoxe recibimos a visita e actuación do Coro do CPI Tomás de Lemos de Ribadavia. Interpretaron varias cancións e panxoliñas, permitindo que o noso alumnado interactuase con eles e participase nalgunha canción, especialmente Elisa e Salvador interpretando cada un unha canción.
Ademais da intervención estelar de Elisa acompañada do coro:


mércores, 18 de decembro de 2013

SAÍDA Á VÍDEO CONFERENCIA CON PAPÁ NOEL

Onte, 17 de decembro, pola maña un grupo do alumnado do CEE Miño acudiu a Vídeo conferencia con Papá Noel dende Laponia. 

Nos seguintes vídeos vemos as conversas levadas a cabo con Papá Noel e como o alumando o agasallou con algunha panxoliña:


CEE MIÑO

Perico, a nosa mascota da Biblioteca, proponlles que visiten a nosa páxina web no apartado de novas dedicado aos pais e nais, nel  atoparán un vídeo de presentación do noso centro.
Perico agarda pasen un anaco entretido coñecendo un chisco máis de cerca os espazos e tarefas que se levan a cabo a diario.

Deixamos tamén dende aquí o enlace para que cun clic poidan acceder.


venres, 13 de decembro de 2013

DECORANDO O CENTRO

Co gallo da chegada do Nadal, alumnado e profesorado puxéronse a tarefa da decoración do centro.



LECTURAS RECOMENDADAS POLA ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Edicións do Cumio é unha editora especializada en temas musicais (entre outros) de aí que de cando en vez nos achegue produtos imprescindibles para atender ese campo. Xa coñecíamos Para cantar e bailar de Luis Prego e agora temos a ocasión de ver Xogos musicais, do mesmo autor, ambas na colección Música e multimedia
A presentación editorial aclara:
"Este traballo pretende afondar un pouco máis nos xogos, recitados e cancións para os máis cativos da casa, converténdose deste xeito nun libro entregado por completo aos xogos musicais iniciáticos. O tratamento das cantigas e recitados que compoñen este libro foron escollidos con moito cariño para que sexan un bo material didáctico para os pais, non se centrando exclusivamente na faceta artística. As músicas son doadas de asimilar, e facilmente reproducibles por pais e nais que non sexan grandes intérpretes ou cantantes profesionais, e as súas letras repetitivas e, maiormente, con temáticas infantís teñen como único fin que poñades todo este material en práctica e a viva voz, sen necesidade de darlle ao “play”.
Contén un CD con 38 cancións."
As ilustracións de Marta Iglesias aportan ese outro compoñente plástico tan necesario cando se trata de ter o libro nas mans. Unha visión sintética e esquemática, unhas cores alegres que falan desa ledicia que todos sentimos cando cantamos e xogamos, a arte nas páxinas.
Un material de moito interese que ten un lugar de privilexio nas mochilas viaxeiras dos máis pequenos, para recuperar a tradición, para vinculala aos afectos, para xogar e xogar!

Outro título que debemos lembrar é  Zampadanzas do mundo. Danzas á carta de Marta Pereira Coutinho, e lembrar que se pode descargar un capítulo de cada libro para catar.

Nova Galicia Edicións  ven de publicar un par de títulos, o primeiro deles para primeiros lectores, e o segundo para lectores autónomos. Trátase dun libro de poemas de Luz Beloso con ilustracións de Miguel Ángel Alonso Diz que leva por título  O cullarapo Croque  e outra obra dos mesmos autores, A nena á que non deixaban ser feliz. Estes libros, publicados anteriormente por  A Porta Verde do Sétimo Andar, Q de Vían Cadernos,  iniciativas nadas coa axuda da  plataforma verkami   que agora son retomadas por editoriais que facilitan a súa distribución e tradución.
O cullarapo Croque  from  lassa design  on  Vimeo. 





xoves, 12 de decembro de 2013

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O NADAL

Perico, a nosa mascota da Biblioteca, recoméndalles a seguinte selección de libros que se atopan na Bbiloteca do Centro, algún deles adaptado polo alumnado en colaboración co profesorado. Perico e a súa amiga piruleta agardan lles gusten moito.




mércores, 11 de decembro de 2013

SAÍDA AO AUDITORIO

A NENA E O GRILO
Onte o alumnado máis autónomo do Centro saíu ao Auditorio para ver a obra de teatro musical, ofertada por obra social Nova Galicia Banco, "A nena e o grilo" 



xoves, 5 de decembro de 2013

PREPARANDO O NADAL

Uyyy!!! Que pouquiño falta!!! Xa estamos no mes de Nadal, e....cantas cousas que preparar!!!
Xa fixestes as cartas para PAPÁ NOEL e os REIS?
Traballade moito para que vos traían os agasallos que pedistes.
E...Para que vaiades repasando, estudando e decorando o centro, quedan equi unhas cousiñas atopadas na rede.

video video

video


video

RECOPILACIÓN DE DEBUXOS PARA COLOREAR SOBRE O NADAL:






VISITA AO MUSEO ARQUEOLÓXICO

Hoxe, día 4 de decembro, o alumnado das aulas 4 e 10 foron de visita ao Museo Arqueolóxico, actividade ofertada polo Concello de Ourense.
Na seguinte presentación, unha mostra desta saída. 





martes, 3 de decembro de 2013

DÍA INTERNACIONAL DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD

Hoxe 3 de decembro, commemórase o día mundial das persoas con discapacidade. En 1992, as Nacións Unidas, proclamaron esta data para difundir a situación que viven as persoas con discapacidade, os actos de discriminación aos que se enfrontan e para fomentar unha maior integración na sociedade dos discapacitados.

E para ver e traballar co alumnado a integración, hai un conto:"POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA" de Jérôme Ruillier.
Eiqui queda en versión vídeo adaptado por Mayte Calavia con alumnos do CEIP "El Espartidero" de Zaragoza:

video
E en versión presentación de Hoac Granada: