venres, 29 de novembro de 2013

CONTACONTOS NO CENTRO

O pasado mércores, día 27 de novembro, chegou ao Centro, coma cada curso, Sabela coa actividade "DÁLLE FORMA AOS TEUS CONTOS". 
Ela cóntalle ao alumnado dous contos e a cambio deixa a tarefa de elaborar nos outro para logo levar a exposición, que tamén coma cada ano se leva alá polo mes de maio co gallo das Letras Galegas.
A continuación unha presentación desta actividade:

video

luns, 25 de novembro de 2013

GALICIENCIA

O pasado xoves, día 21 de novembro, un grupo do alumnado do CEE "Miño" visitou a exposición de experimentos en Galiciencia.
Nas seguintes fotos pódese  ver o ben que o pasaron facendo burbullas xigantes de xabón.





mércores, 20 de novembro de 2013

VISITA A GALICIENCIA

Un grupo do noso alumnado acudirá mañá ao Parque Tecnolóxico para visitar a exposición, que como cada ano se celebra, de GALICIENCIA.



DÍA UNIVERSAL DOS NENOS E NENAS

No ano 1956, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas recomendou que se instituíra en todos os países un Día  Universal  da Infancia, que se dedicaría á fraternidade e a comprensión entre os nenos  e nenas do mundo. O 20 de novembro conmemorase a data na que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os dereitos do neno no 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Por iso, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos Nenos e Nenas.

video
video

Para ampliar información:

mércores, 13 de novembro de 2013

MAGOSTO 2013

 O pasado venres día 8 de novembro, celebrouse o Magosto no centro.
Ao longo da terceira sesión o alumando fixo un percorrido polos  distintos xogos :
“Sentimos o Magosto”, con proxeccións, cancións e diferentes texturas (castañas, abelás, follas, ourizos, e bolas de auga para a sensación de humidade do outono)  destinado ao alumando das aulas 5 e 6 e Jessica da aula 2.
Polos xogos : “Busca a castaña”, “Xoga coa castaña”
“Pinta con tizóns” o alumando distribuído por grupos foi rotando.
Na quinta sesión levouse a cabo a festa das piñatas.
Nas seguintes presentacións pódese ver como aconteceu o MAGOSTO no CEE MIÑO.

video


video

video



martes, 12 de novembro de 2013

PREPARANDO O MAGOSTO

Como cada 11 de novembro en Ourense, e polo tanto no noso centro, celebrase o San Martiño, sinónimo de Magosto. 
Para festexalo o alumando do centro, coa axuda do profesorado e persoal non docente, dedicou a semana pasada a decoración da entrada, aulas, corredores e, como ven sendo tradición, a creación de fermosas piñatas.
Esta festa rematará o venres 8 coa celebración dos xogos da castaña, magosto e baleirado das piñatas.




Musica e vídeos de You tube para ir festexando:
video
video
video


xoves, 7 de novembro de 2013

SAÍDA AO AUDITORIO

NUNCABUNGA
Hoxe un grupo do alumnado do CEE Miño acudiu ao Auditorio a ve unha obra de teatro "Nuncabunga" ofertada por obra social NGB.



mércores, 6 de novembro de 2013

SAMAÍN 2013 NO CEE MIÑO

O pasado día 30 de outubro celebrouse a festa do Samaín no CEE Miño. Comezouse coa decoración de aulas e corredores, logo a maquillaxe de terror do alumnado por aulas, despois do recreo unhas meigas, moi meigas, repartiron a apócema máxica para logo acudir á festa.

Na festa presentou o Samaín o alumando da Aula 4 con caixas de luz, logo cantaron o Rock  do Samaín e o conto Corre, corre cabaciña, rematando coma sempre co baile.

video


video

video


video