luns, 1 de xullo de 2013

BOAS VACACIÓNS E ATA PRONTIÑO!

Xa está aquí o verán co seu calorciño que tanto se fixo esperar...Comezan as vacacións despois dun curso de moito traballo e agora toca disfrutar!Despedímonos ata setembro,Bo verán a todos!!!


FESTIVAL DE FIN DE CURSO!!!

O pasado venres 21 chegou o gran día ...!O do festival de fin de curso!
Este ano titulámolo "A MAXIA DO CEE MIÑO". Baixo este nome escóndense as cousiñas especiais que levamos a cabo dende o comezo do curso, e que nós lle chamamos máxicas. Para iso, axudámonos de vídeos que foron introducindo as representacións do noso alumnado.
Este é o video que elaboramos durante os últimos meses de curso. Para velo solo tedes que premer no seguinte enlace:
A MAXIA DO CEE MIÑO

A continuación tamén vos deixo o enlace do vídeo coas diferentes representacións do noso alumnado:


Case para rematar o noso festival a profe Chus agasallounos cun vídeo onde se recollen os mellores momentos do curso:

 Agora sí, como despedida para o noso alumnado que deixa o centro deixámosvos uns momentos  das súas graduacións...Para eles desexamos a maior sorte nesta nova etapa!!!

video

Ahhh! Aquí vos deixamos distintas fotos que fixemos este día.
Grazas a todas as familias do noso alumnado por vir, acompañar e por disfrutar connosco!!!