martes, 26 de marzo de 2013

ATA O 2 DE ABRIL ESTAMOS DE VACACIÓNS !!!


CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE

O 21 de marzo, no noso cole celebramos a chegada da primavera e o Día da Árbore.
A entrada do colexio xa está decorada con dous fermosos murais elaborados por cada un dos nenos/as con axuda dos seus titores e especialistas.





Aquí vos deixamos unha presentación onde podedes ver todas as actividades que levamos a cabo :
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free digital slideshow generated with Smilebox

xoves, 21 de marzo de 2013

XA CHEGOU A PRIMAVERA!!!

Hoxe cambiamos de estación, BENVIDA Primavera, e tamén se celebra o Día da Árbore, e por esa razón  dende extraescolares xa teñen organizadas varias actividades . Deixámosvos o programa e tamén para rematar o día un poema do blog de Susana Maestra de al no Día Mundial da Poesía.



Programa:




DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

Hoxe 21 de marzo, celébrase o Día Mundial do Síndrome de Down. Data que fai referencia o cromosoma extra, é decir 3 en vez de 2, que caracteriza a afectación xenética coñecida como Trísomía 21,que se da no par 21.
É unha data para concienciar sobre este transtorno xenético que afecta a un de cada setecentos nacementos.
Para os interesados/as,  premede na seguínte ligazón  onde toparedes información e deixámosvos o video que nos presenta Down Coruña "Cuando sea mayor" para celebrar este día:

mércores, 20 de marzo de 2013

BOTARÉMOSTE DE MENOS PRINCESA!!!


Hoxe foi un día de despedidas no noso centro.
ANA,  unha das nosas alumnas,  vaise para un centro da Coruña.
Despois de estar no CEE Miño durante  varios cursos, Ana deixa unha gran pegada  entre nós, cunha chea de anécdotas que sempre recordaremos.
Agardamos que todo che vaia moi ben ,moita sorte PRINCESA!!!

martes, 19 de marzo de 2013

FELIZ DÍA DO PAI

Con motivo da celebración do Día do Pai, hoxe no noso cole participamos nunha actividade organizada polo Concello "Día do pai igualitario: Coeducando dende a corresponsabilidade paterna".Os rapaces/as estiveron vendo un vídeo e  colorearon debuxos para agasallar ós  pais. 
Desde a Biblioteca aproveitamos para felicitar a todos os pais dos nosos alumnos/as.




luns, 11 de marzo de 2013

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

 O venres 8 de marzo teñen lugar en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares deste curso 2013.
Noraboa ós compañeiros que presentaron os seus materiais e a tódolos ponentes.
Deixámosmos algunhas fotos de algún material e podedes entrar no seguinte enlace para topar máis información:





PESCA SEN MORTE PARA CENTROS DE EDUCACIÓN ESPECIAL



Hoxe participamos nunha actividade organizada pola aula da natureza do río Miño denominada "Pesca sen morte", onde os nosos alumnos/as aprenderon todo o necesario para converterse nuns pescadores responsables.
Mirade as fotos e veredes que ben o pasamos!!!







O NOSO POLIÑO RUFLOT

Deixámosvos o libro do noso poliño RUFLOT para que vexádes a secuencia de nacemento e crecemento. E ademais informámosvos de que xa temos un galiñeiro para él e para as suas novas compañeiras TIRULETA e PANKY. Invitámosvos a que visitedes o blog do noso taller "Exploramos cos sentidos" alí poderedes ver máis fotos.



video

luns, 4 de marzo de 2013

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Este venres día 8 celébrase o Día da Muller Traballora. Para conmemorar este día deberíamos ter clara a seguinte idea:
"TODOS E TODAS PODEMOS FACER TODO e hai que dar o mesmo valor ao feito de ser home ou ser muller" 
Antigamente isto non era así.O traballo que facían as mulleres non estaba valorado.Pero co tempo esta idea foi mudando.
Non debería ser un día para celebrar porque aínda que xa se conseguiron algúns dereitos todavía existe unha desvalorización do traballo da muller, a violencia de xénero,discriminación laboral...
De momento déixovos estes libros LIM que elaborou Ana Martínez Rey do CEE Terra de Ferrol: