luns, 4 de febreiro de 2013

ORDES DO MECO



Co gallo da vindeira celebración do entroido, no noso colexio xa colocamos o MECO.Cada día o meco dara unha orde que temos que cumprir. Hoxe comezamos o xogo,asi que tedes que estar atentos para ver cal é a orde para este día e os seguintes.
Todos a cumprilas se o queredes pasar ben.
Grazas pola vosa colaboración.

Non vos esquezades:

Xa estou aquí para o Entroido anunciar,
atendede ben as ordes que vos vou dar
para este Entroido a Paz e a  Amizade celebrar:


 O LUNS para comezar unha bufanda  a cintura debes atar.




O MARTES para pór unha nota de cor,
 os calcetíns por enriba do pantalón has de pór,e cada un,dunha cor.








O MÉRCORES, para celebrar chapeu has traer e a Paz proclamar.
O XOVES para o atavío completar
un colar ao pescozo has colocar.

                                                          

Ningún comentario:

Publicar un comentario