domingo, 25 de novembro de 2012

TITIRICIRCUS

Mañá 26 de novembro acudiremos o auditorio municipal de Ourense para disfrutar da obra teatral TITIRICIRCUS.



Como este ano, TITIRICIRCUS está de 25 aniversario aquí vos queda un vídeo do trailer promocional do documental "Titiricircus 25 anos".
Agardamos que sexa do voso agrado.





GALICIENCIA

Ola a todos/as! O xoves participamos na visita o Parque tecnolóxico para ver os inventos e investigacións dos alumnos-as da nosa comunidade.Había colexios de toda Galicia e tamén un de Cataluña.Foi moi interesante e emocionante ver o alumnado presentando os seus traballos. Para rematar a visita entramos na "Tenda de campaña- PLANETARIUM" ,e pudimos disfrutar e aprender sobre a nosa Galaxia.






"DALLE FORMA AOS TEUS CONTOS"

O martes 20 de novembro contamos no centro cunha animadora que motivou os rapaces/as coa lectura de contos. Foi unha sesión lúdica chea de recursos didácticos e expresivos para lograr a implicación dos rapaces/as  e as ganas de colaborar coa elaboración dun libro-forma.
Pasamolo moi ben!!!




martes, 20 de novembro de 2012

PARABÉNS ADRIÁN E SALVA


Este mes estiveron de aniversario os nosos compañeiros Salva e Adrián e por suposto tiveron unha pequena festa.Con música e todos cantando, soplaron as velas e degustamos a tarta.
Ollade as fotos para comprobar o ben que o pasamos:




         

2O DE NOVEMBRO,DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia proclamados en 1959 na Asamblea Xeral da ONU. Este día lembranos que todavía hai dereitos que non se están a cumprir e que non todos os nenos/as teñen as mesmas oportunidades.

Aquí tedes un fermoso vídeo coa canción de José Luis Perales:




domingo, 18 de novembro de 2012

TRABALLAMOS COS FROITOS DE OUTONO

Se non puidestes visitar a nosa exposición de traballos sobre o outono aquí  tedes unhas imaxes...




E  esta é a presentación do libro que titulamos FROITOS DE OUTONO e que elaboramos entre todas as aulas:

video


MAGOSTO

Menuda festa tivemos no colexio para celebrar o magosto.
Primeiro,distribuidos por aulas fomos pasando por os distintos xogos:

1)Encesta a castaña

2)Baila a castaña

3)Busca a castaña

4)Mural do magosto

E por último,con gran emoción rompemos as piñatas e comemos os caramelos e gusanitos que tiñan dentro.






Como disfrutamos cos xogos,coas cancións e, por suposto, coas nosas fermosas piñatas.Que contentos marchamos para casa e algúns moi favorecidos coa súa maquillaxe...

xoves, 8 de novembro de 2012

En que andamos?

Pois a voltas co magosto.Mañá venres,día 9 de novembro, celebramos no cole a festa do magosto.Xa andan todos os nenas/as enfaenados cos preparativos,entre outras cousas xa teñen elaboradas as súas piñatas.
De momento déixovos aquí o video coa canción "Vivan vivan las castañas" creado   por a aula específica TEA do colexio Os Carmenes para que  disfrutedes mentres esperades o gran día.





Samaín

Seguro que vos preguntades se a bruxa despistada atopou o libro co feitizo de namorar, non?
Pois sí...a bruxa atopou a receita e todos  os ingredientes precisos para o  feitizo e todo, grazas a Perico e os seus amigos.  Mirade no seguinte vídeo e así poderedes comprobar como pasou todo...

video