martes, 2 de abril de 2024
XOGANDO CON CORDAS
DÍA DA MULLER´24
Ola: desde o Equipo de Actividades Extraecolares e Complementarias, propuxeron celebrar o 8 de Marzo, DÍA DA MULLER, desde Radio Velle realizando unha serie de entrevistas para coñecer un pouco máis as nosas compañeiras e os diferentes traballos que desenvolven no día a día no noso cole: coidadoras, cociñeiras, equipo médico, fisioterapia, equipo directivo e mestras, como non...
Esperamos deste xeito coñecelas un pouquiño mellor e a través deste video valorar e agradecer o moito que nos axudan no cole.
luns, 11 de marzo de 2024
DÍA DE ROSALÍA 2024
Ola: O venres, 23 de febreiro, celebramos na biblioteca do centro o DÍA DE ROSALÍA, facendo un quebracabezas do retrato de Rosalía de Castro nun obradoiro de pintura coa técnica dos sprays.
Ao longo da semana, nas aulas, tamén fixemos marcapáxinas e pintamos retratos da escritora, que colocamos o día da celebración nun panel mentres algúns alumnos lían versos sobre as árbores favoritas de Rosalía de Castro.